Bos días dende o Rexo.
Hoxe amencimos con ilusión e con ganas de aproveitar moito a nosa ultima xornada neste estupendo lugar e con ganas tamén de voltar á casa e contarlles ás nosas familias todo o vivido nestes tres días.
Erguémonos, vestímonos, preparamos as nosas maletas e fixemos as camas.
Despois do almorzo especial de hoxe, con biscoito de chocolate, o bo tempo está a deixarnos gozar dos espazos exteriores e as primeiras horas adicámolas a xogo libre.
Despois temos previstos obradoiros e xogos de despedida cos nosos xeniais montores e monitoras. Botarémolos de menos sin dúbida.
En canto chegue o bus chamaremos ao cole para irformar da hora aproximada de chegada. Avisarémosvos a través deste blog.
Biquiños!!!!
Pequeniños, deixai o fin de semana a Mar, a Pilar e a David no Balneario de Arnoia, que está cerquiña, e ben co merecen. Un bico e boa viaxe. Esperámosvos.
ResponderEliminar