3 de mayo de 2013

Sementando Trigo co papá de Claudia


Os nenos e as nenas de 1º de EP tivemos unha visita moi especial,  Alberto o papá de Claudia.
 Explicounos moitas cousas sobre o trigo e tamén como se sementaba. 

foto 1


Primeiro traballou a terra coa fresadora, que ten unha coitelas que hai que afiar de cando en vez para que corten ben e trituren as herbas e ademais remoban a terra. Despois buscamos un lugar no horto ben soleado. Alberto díxonos que tardaría uns dez días en nacer. 
E por último,collemos un puñado de trigo e sementámolo. Non é difícil, só hai que repartilo ben para que medre  forte. 
 Entre todos e todas vimos a importancia que ten o traballo dos agricultores e agricultoras para que teñamos produtos cos que poder alimentarnos ben.


colage 2


Pasámolo moi ben. Moitas grazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!