1 de mayo de 2013

Contos con Yoli a mamá de Adri R.

Estas últimas semanas a Clase das Fadas temos moitas colaboracións e sorpresas e como vos imaxinades... estamos moi contentos e espectantes.
Coincidindo coa semana do libro, o venres  veunos visitar Yoli, a nai de Adri R con unha xenial sorpresa!: un teatro impresionante con moitas personaxes para que fosen elas as que nos  contasen  varios contos.

collage1


E así comenzou o espectáculo co conto "Os tres porquiños" e as súas  marabillosas casiñas ...e un feroz loboooooo.... que daba moito medo. Que atentos e atentas estivemos!

Despois,  para a nosa sorpresa,  apareceu tamén  unha familia moi peculiar...


Collage2

Non sabedes o ben que o fixo Yoli e as ganas que tiñamos de ver moitos contos nese gran teatro.
A verdade é que nos chegou a pouco.


Collage3


Así que Yoli veu moi preparada e sacou dunha gran bolsa dous libros con contos moi especiais. Un dunha vaca que poñia ovos e outro sobre o moito que nos queremos.
 Estivemos moi quietiños  e coas orellas moi, moi  abertas.


  Collage4


E xa para rematar esta colaboración Yoli e as súas marionetas aínda gradaban unha sorpresa máis para nós.... unhas chocolatinas, que estaban mmmmmmm riquísimas.


Collage5


Moitas grazas Yoli!!!!!
Esperamos que volvas e sigas contandonos contos tan marabillosos.
 Para nós foi unha tarde moi especial nunha semana moi especial como a semana do libro.
Un bico moi grande de A Clase das Fadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!