9 de marzo de 2013

8 Marzo, Día Internacional da Muller

Os nenos e nenas de Infantil e primeiro ciclo de primaria queremos compartir con vós un pedaciño do proxecto que fixemos nas aulas ao redor das mulleres que para nós son máis importantes....e para todos e todas foron as nosas mamás!!

En todas as aulas fixemos reflexións acerca do papel das mulleres na sociedade e especialmente nas nosas vidas, limos contos con historias sobre nenas aventureiras que non queren ser princesas, elefantas que queren facer algo máis que ser rosas e comer flores, tartarugas que queren poder decidir sobre sí mesmas, colores que reclaman facer o que lles apetece etc...... e como non debuxamos e elaboramos agasallos para as nosas mulleres. Mirade, mirade:

As nenas e nenos de 1º de Infantil, a clase das Fadas, fixemos un debuxo das nosas mamás e unhas flores con materiais de refugallo para elas

mamas 1º
mamas 1º 2
flores 1º

mamas 1º 3

En 2º EI os leóns quixemos representar con plasti ás nosas mamás e facer estes fermosos cadros con material de refugallo:

mamas plasti
mamas plasti2

Na clase das sereas representamos as nosas casas e dentro ás persoas que vivimos nelas facendo as tarefas diarias. Reflexionamos acerca do reparto de tarefas na casa e da necesidade de responsabilizarse todos e todas nelas.



casas 4

Para que poidades volver a a ler con nós algúns dos contos que contamos nas aulas aquí vos deixamos akgúns dos contos sobre os que traballamos.

 As nenas e os nenos de 1º de EP estivemos reflexionando e preguntándonos se as mulleres participan en deportes como o fútbol, o baloncesto, a natación e por que na tele nunca saen.
Os nenos falamos de como nos gustaría que nos tratasen se fosemos nenas e as nenas o moito que nos molesta que nos digan que somos malas nalgúns xogos. 
E finalmente decidimos escribir sobre as mulleres importantes das nosas vidas, o que nos gusta delas e por que nos fan tan felices.

mila mural mila 4 mila 3 mila 2 mila 1
 E as nenas e nenos de 2º de Ep traballamos a partir do conto de "Artur e Clementina"  a necesidade de decisión persoal do que queremos facer, ser ou desexar. Tamén que o material non nos enche, que hai outras necesidades vitais.
Falamos da importancia das profesións e de que todas as poden facer os homes e as mulleres. Non hai ningunha especifica.
 E seguiremos traballando sobre o conto porque agora queremos facer diferentes finais para el, o que máis nos gustaría a cada un de nós.
E para conmemorar o día decidimos agasallar ás mulleres importantes da nosa vida con estas fermosas flores e broches con papel de serpentina e retallos de cartolinas.


2º ep 2

Xa vedes, que cousas ten a vida que todos e todas concordamos en que as mulleres máis importantes das nosas vidas son....AS NOSAS MAMÁS!!!!

Un biquiño para todas elas e para todas as mulleres....son todas importantes!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!