22 de marzo de 2013

Visita de Ana en 1º e 3º EI

Si, si, como ledes, tivemos a sorte de contar coa visita de Ana na aula das fadas como mamá de Julián e na clase das sereas como mamá de Carlos. E con ela fixemos unhas estupendas manualidades. MIrade mirade:
 
Na clase das sereas fixemos uns niños de poliño, con poliños e todo.
Primeiro inchamos un globo, botámoslle cola e cubrímolo con cordón. Cando secou pinchamos o globo e "voilá"!!
ana 1  
ana 2
depois fixemos uns poliños do máis riquiños utilizando algodón e unhas palliñas....e o resultado foi xenial!!
ana 3 


Na clase das Fadas fixemos un xoguete moi divertido, seguro que todos vos acordades de xogar con el. Ana presentounos todos os materiais: unha boltella de plástico, unha boliña, un fio amarelo,pegatinas,... ¿que sairía de aí?. Amosounos como sería o novo xoguete, incluso probou a meter a boliña na botella e conseguíuno moitas veces.... o noso xoguete
Despois fumos paso por paso, primero fixemos unha boliña de pasta branca. facemos unha boliña
o seguinte paso, cortar as botellas, decorar cada neno e cada nena a nosa con pegatinas e meter a nosa
 boliña no fio.
 decoramos e poñemos o fio

E xa estaba listo, pero tivemos que deixar o noso xoguete en repouso porque a boliña ainda non estaba lista para xogar..
Estivemos moi contentos e participativos, moi emocionados da túa visita Ana e seguro que gozaremos moito do noso novo xoguete.

Moitas grazas Ana, esperamos as seguintes colaboracións con moita ansia!!


É un pracer contar coa vosa presenza nas aulas.....seguídevos animando familias!!!!

1 comentario:

  1. Pois si que me gustou a participación da nosa queridísima Ana cos nosos pitufos, e ese nido de poliño foi todo un éxito, digoo eu que o temos na mesiña de noite na habitación de Angel, e de ahí que non se mova!!!!!! jejejeje.
    Estas actividades si que molan e pequechos!!!!
    Cris

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!