17 de marzo de 2013

A primeira visita á aula das Fadas

Esta semana os nenos e nenas da clase das Fadas (1º EI) gozamos da compaña na aula da mama de Adri L., Conchi que veu a explicarnos o que fai no seu traballo e trouxonos unha sorpresa moi grande.
Estabamos moi emocionados/as porque era a primeira visita dunha familia á aula neste curso.

presentación

Con ela, construimos unha casa de cartón moi grande. Incluso lle fixemos unha porta e unha fiestra aínda qie ao principio non tiñamos moi claro que daquelas enormes caixas puideramos facer unha casa.


caixas... unha casa


puertas, ventanas...

Imaxinádevos como é, que podemos entrar en ela varias Fadas xuntas. Estamos moi ledos e ledas aí dentro.

Dentro da nosa casa

Como non nos deu tempo a construir a casa completa nin moito menos a decorala, quedounos moito traballo por facer. Pero estamos encantados de facelo pouco a pouco.Xa vos iremos contando como vai quedando...mentres tanto aí vos queda algunha foto para que vos fagades unha idea.

xa parece unha casa


A nosa casa

Moitos bicos da clase das Fadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!