14 de marzo de 2013

Proxecto O Corpo en 2º EP

As nenas e nenos de 2º de Educación Primaria estivemos a traballar no proxecto “O Corpo, o seus sistemas”. 
Aprendemos moito porque xa sabemos investigar moi ben. Todas e todos trouxemos materiais que nos deron moita información que despois fomos quen de interiorizar e sintetizar. 
 Tamén participaron algunhas nais e pais que nos axudaron a entender dun xeito científico e real o que significa o coidado do noso corpo e o seu funcionamento.  

 Carmen e Álvaro, mamá e papá de Carolina F, trouxeron dous aparellos respiratorios de leitóns.

corpo mar1
corpo mar 2
corpo mar 5
  Vimos, tocamos e analizamos o corazón, os pulmón, os alvéolos, a traquea e puidemos comprobar grazas a unha palliñas como eramos quen de facer inspiracións e expiracións tal como ocorre na realidade aos mamíferos. Comprobamos tamén a diferenza de textura do corazón e o pulmón e como este último, ao sumersirxe en auga, actuaba a modo de esponxa, aumentando o seu tamaño. Vimos a coagulación do sangue, a glote...

mar corpo
  
Tamén viñeron Elena e Miguel, nai e irmán de Nuria e puidemos apreciar o importante que é o coidado dos bebés, a súa alimentación, aseo, descanso…
bebe1
bebe 2
Fixemos moitas preguntas ao redor do nacemento, dos tipos de alimentación, do crecemento,… Miguel estivo moi tanquilo e deixouse facer e gozamos da súa presenza. 
 E nós como agradecemento agasallamos a Miguel con un contiño para que Nuria, como irmá maior, llo conte e  recorde este día no que participou por primeira vez nunha aula.
bebe 3
Como vedes non paramos, gozamos aprendendo e sabendo e cando todo isto se pode facer e compartir coa nosa familia é moito máis divertido.
Grazas a todas as familias pola vosa colaboración e participación nas aulas xa sabedes que para nós é moi importante e enriquecedor!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!