24 de febrero de 2013

Humpty Dumpty 2013

Hi everyone!

Durante un tempo as mermaids estivemos a gozar e a aprender con Humpty Dumpty: un ovo que vive feliz ata que un día sentado nun muro cae e rompe e ninguén é capaz de recompoñelo por moito que o intenten. Este popular e desafortunado personaxe, logo de coñecer a súa historia, axudounos a prender algunhas prendas de vestir. Para elo, en primeiro lugar, escoitamos o conto para logo aprender o vocabulario mediante flashcards con xogos varios. Por suposto tamén vimos distintos vídeos da canción que se poden ver en YouTube e fixemos algunhas fichiñas.

Humpty Dumpty song

Humpty Dumpty clothes game

Humpty Dumpty colouring

Un día Ana tróuxonos unha maleta con roupa dela coa que nos disfrazamos e paseamos varios días. Tamén fixemos xogos variados de identificación e logo colgamos a roupa na aula.

Humpty Dumpty catwalk

Outro día tivemos un obradoiro onde creamos o noso propio Humpty Dumpty cun ovo cocido, e o muro dende o que cae e rompe a crisma. Fomos listos e cocemos algún de máis para logo comelos, non sobrou nada.


Humpty Dumpty egg craft

Finalmente, e como repaso, xogamos a recordar as prendas cun xogo de taboleiro xigante onde as fichas eramos nós, e tamén xogamos ao xogo das parellas. Foi superdivertido e pasámolo en grande. Ata sempre Humpty Dumpty!

Humpty Dumpty games
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!