20 de marzo de 2013

Almorzos saudables

O pasado venres as nenas e nenos de 1º e 2º de E.P., tivemos un almorzo especial. Pablo amosounos o importante que é almozar ben para obter enerxía para correr, pensar, xogar etc, etc.
Que é iso de almorzar ben?- preguntamos nós. Descubrimos que non era tomar bollería, senón, froitas, cereais, zumes, lácteos. Bueno, algún croissant de cando en vez non fai dano.

almorzos saúdables



Ademais de aprender moitas cousas tamén almorzamos. Na mesa había alimentos de moitas cores, mandarinas, plátanos, iogures, pan, cereais, leite, mel, realmente estaba moi bonita .. Probamos de todo e encantounos. Cando saímos ao patio iamos cheos de enerxía e con moitas ganas de xogar.



almorzos saudables 2




No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!