16 de noviembre de 2010

Benvida


Dámosvos a benvida ao blog de Educación Infantil de Galén que nace tentando converterse nun espazo de comunicación para toda a comunidade escolar.
Abrímolo coa primeira festa do curso: O Magosto. Do mesmo xeito que esta festa nos liga á natureza e ás tradicións, neste espazo queremos compartir o noso propio ser e a forma na que medramos, aprendemos e gozamos do noso contorno.
Tentamos que sexa interactivo e así como nós vos comunicamos as nosas experiencias e emocións agardamos que vós nos acheguedes as vosas opinións, os vosos intereses e todo aquelo que queirades compartir.
O blog inicia a súa andaina e como se dunha criatura se tratara entre todos e todas axudarémolo a medrar




3 comentarios:

  1. Vou a estar moi atenta a todas as vosas novas. Un biquiño enorme a todas e todos os que formades parte de Educación Infantil.
    Noraboa pola idea e polo traballiño extra.

    Mar

    ResponderEliminar
  2. Grazas Mar, esperamos as túas estupendas propostas e comentarios.

    ResponderEliminar
  3. Muchas gracias por la dedicación y paciencia que estais teniendo con nuestros peques.
    Ya estamos ansiosos por ver algunas de las cosas que seguro estareis preparando.

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!