25 de noviembre de 2012

O Magosto-Muiñeira de Chantada

Da man de Paulo Nogueira e Magoia Bodega (gaiteiros do grupo Treixadura) chegou a nós este ano unha historia fermosa coa que festexamos a festa do outono, o Magosto.
 Conta a historia de Avelino Cachafeiro, gaiteiro de Soutelo de Montes,  que foi en tempos o mellor gaiteiro que coñeceu o país. Este afamado gaiteiro percorreu coa súa gaitiña festas e romarías. Un día mentres percorría as rúas de Chantada coñeceu unha moza, Josefa. Para ela inventou unha muiñeira que co paso dos anos se convertería na muiñeira máis xenuína, a muiñeira de Chantada. Na aventura da súa invención aparecen varias personaxes: Manuel o arrieiro, o zapateiro de Antas e unhas costureiras que axudarán a Avelino a dar forma á muiñeira ca que cautivaría á súa ben querida Josefa.

Pois con esta historia e con esta muiñeira quixemos cantar e bailar este ano no Magosto, para o cal como xa é tradición,  contamos coa colaboración dos nosos compañeiros/as e amigos/as de 3º e 4º da ESO.

 Foi un  fermoso día de outono que, como non podía ser doutro xeito, rematou cunha boa fartura de castañas. Aquí vos deixamos unha video-montaxe con algúns momentos da actuación e do resto da festa. Como vedes cantamos, bailamos e comemos castañas. Como molan estas festiñas tradicionais!!
Así de chula nos quedou a festa!!!

Nas aulas, nas semanas anteriores, ademais de ensaiar a canción e o baile, estivemos a traballar ao redor da festa do magosto. E como non, estivemos a elaborar, coma sempre con material de refugallo, os cucuruchos para poder encher de castañas na festa e gozar deste riquísimo froito.
Este ano utilizamos briks de leite para facer unha caixiña doble, con dous compartimentos: un para as castañas e outro para as cáscaras. E cada aula escolleu unha técnica diferente para decoralo.

 Os nenos e nenas da clase das fadas (1º EI) utilizamos recortes de revistas e un papel de agasallo para facer a cinta e colgalo. Con acuarela coloreamos o noso nome e quedou así de chulo: cucuruchos fadas
 Na clase dos Leóns (2º EI) pintamos os papeis de revista para cubrir o brik e enfeitámolo como toque final con un caracol feito tamén de revistas e unha tarxeta co  nome. A cinta a partir dunha bolsa de plástico. cucuruchos leons
As sereas ulitizamos a revistas cortada en tiras e un carteliño co nome en collage  sobre un cartón de caixa de cereais. Para facer a cinta de colgar reutilizamos unha bolsa de cor morada. cucuruchos sereas

Xa vedes que cousas tan lindas podemos facer reutilizando materiais. Así contribuímos dende as nosas aulas á reducción de resíduos e tamén a creatividade e busca de recursos sen necesidade de aumentar o consumo.

Agora tócavos a vós contarnos como vivístedes a festa dende a casa!!!! que vos pareceu o resultado final??

3 comentarios:

  1. Eiiiiiiiiiiiiiiiiii Carballeira!. Unha envexa total. El próximo año quiero disfutar con vosotros de la bonita fiesta del magosto. Tanto el proceso de elaboración como el resultado final ha sido fantástico. Como se nota que con el paso de los años los peques se afianzan en su autoestima. Los de 3º EI actúan como mayores que son y participan más del baile, mientras que los pequeñitos de 1º y 2º EI tienen un comportamiento más pasivo pero por la sorpresa y entusiasmo de la fiesta.
    La colaboración de los compañeros de ESO y la muñeira final tb muy bonitos.

    me encanta este blog.

    deica logo, Julián.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro que o pasamos xenial!! e é xenial que poidamos ver como medran os nenos e nenas e como evolucionan e compartilo vós e nós. Grazas Julián por seguirnos

      Eliminar
  2. que genial todo,que bien os lo pasais!que bien este año con los videos ,nos haceis mas participes todavia a los papis..........enhorabuena!bicos...

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!