As nenas e nenos de 1º EP tamén participamos na Semana da ciencia cun traballo sobre o efecto invernadoiro.
Investigamos a composición da atmósfera e os gases de efecto invernadoiro, tamén reflexionamos sobre as accións que realizabamos que deterioraban a atmosfera e polo tanto ao noso planeta. E, o máis importante, pensamos que cousas podiamos facer para conservar o planeta.
Para entender o efecto invernadoiro sobre os seres vivos realizamos un experimento con dúas plantas e unha caixa de plástico.
Anotamos a temperatura dentro e fóra da caixa cada dous minutos, durante 14 minutos. A inicial era de 20ºC nos dous casos. Mentres que fóra a temperatura non variou, dentro subiu ate os 29ºC.
O máis emocionante foi expoñer o noso traballo ás compañeiras e compañeiros do cole e escoitar as explicacións que nos daban eles.
Os nenos e nenas de infantil participamos no proxecto interdisciplinar da Semana da Ciencia que este ano tiña como eixe a auga.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Infantil estivemos a investigar ao redor da auga como lugar onde poden vivir algúns seres vivos. E indagando indagando....os nosos intereses centraron o proxecto nos PEIXES.
Na primeira fase do proxecto recompilamos que cousas sabiamos sobre estes animais e recollémolas nun mural. Estas son algunhas das cousas que sabiamos:
-Os peixes teñen escamas no corpo
-Algúns viven no mar e outros no río. Algúns no máis profundo do mar onde está moi escuro
-Viven na auga e respiran debaixo
-Comen a outros peixes.
Pero despois foron xurdindo algunhas preguntas para as que queriamos atopar a resposta:
-Como poden respirar debaixo da auga?
-Para que serven as escamas
-Como nacen
-Como dormen, que comen, teñen corazón?.....
E unha chea de cousiñas que asomaban pola nosa cabeciña e con ganas de atopar respostas.
Fomos traendo libros da casa, videos nos que se veían peixes nacendo das mamás, outros que explicaban que tamén podían nacer de ovos, enciclopedias con moitas imaxes sobre as que ir sacado conclusións....
E ademais limos un conto que se chama "El Pes" no que unha nena montaba un acuario e....ocorréusenos a xenial idea de montar un para poder observar ben de preto como viven os peixes de auga doce e morna.
Así que....mans á obra.
Buscamos un acuario, unhas pedriñas e un pouco de area para o fondo, saímos fóra a lavalo...
E unha vez limpiño todo.....a montalo!
Despois fomos descubrindo moitas cousas que nos chamaron moito a atención. Por exemplo: sabedes que unha raia pode medir de punta a punta das aletas tanto como 8 de nós. E comprobámolo no corredor. Alucinante non si?
E para compartir os nosos descubrimemtos co resto do cole e coas familias acordamos facer un mural co fondo do mar no que ir escribindo as nosas conclusións do proxecto.
Primeiro fixemos a auga coas ondiñas
na que puxemos a nadar uns peixiños feitos de papel e texturas. E ademais convertemos o noso corredor nun mar polo que mergullarse.
No acuario ademais de pedriñas e area puxemos plantiñas pois sabemos que aos peixiños lles gusta agocharse detrás delas.
E por suposto puxemos peixes. Catuxa trouxo algúns guppies e nós fomos aportando outros exemplares de Neóns.
Estamos moi atentas e atentos ao que pasa día a día no acuario e descubrimos que hai unha femia de Guppie que está moi gordiña...que pasará??? Xa vos iremos contando.
Mais non todo foron cousas bonitas pois un día cando chegamos pola mañá atopamos a dous peixiños mortos. Puxémonos algo tristes e quixemos facerlles unha despedida en condicións e soterralos nun lugar lindo do cole: a carballeira.
Pero antes de levalo alí, quixemos aproveitar para ver como é un peixe por dentro. Observamos ben de preto as branquias (aprendemos ao longo do proceso que ese é o nome da parte dos peixes que lle serve para respirar debaixo da auga) e por un ratiño convertémonos en científicos explorando o corpo do animal por dentro...que mal ulía!!
Estamos
aínda co proxecto en marcha, seguimos a ter interese por decubrir
cousiñas do MAR e con ganas de que o sol pronto nos acompañe para
achegarnos ata......a praia!!!
Xa veredes, xa. Seguide atentos ao blog!!
Os Dinosaurios quixemos experimentar coa auga de moi diversas maneiras.
Creamos o noso propio arco da vella, reproducimos unha parte do ciclo da auga, a que máis nos custaba entender... a evaporación e tamén xogamos coas cores descubrindo como se creaban o violeta ou o laranxa...
A continuación deixámosvos a presentación en Power Point que fixemos no ordenador na clase.. e por se o dubidábades... escribimos nós!
Mirade que ben nos quedou!!!
Encántanos investigar, experimentar e facer
proxectos!! E o deste ano para a Semana da Ciencia foi especialmente
divertido. Este curso o proxecto
interdisciplinar en Galén versou sobre a auga e a nós, as nenas e nenos de 2º
de Educación Primaria, tocounos a súa filtración no chan.
Despois de comprobar que os líquidos son
absorbidos pola terra comezamos a facernos preguntas de que é o que pasa
despois con eles. Vimos que non en todos os lados a succión era igual de rápida e chegamos á conclusión que
dependía dos materiais que conforman o chan. A partires de ai, e grazas a
distinta bibliografía que trouxemos da casa, soubemos que hai ríos subterráneos
de augas limpas que despois podemos extraer a través dos pozos.
Decidimos demostrar a filtración da auga cun
experimento moi sinxelo e para elo precisamos dunhas botellas de plástico
transparente e os seus tapóns, area,
grava miúda e grosa, carbón activo, e un pequeno algodón.
Na primeira botella colocamos todos os elementos, na segunda
omitimos o carbón activo e na última só botamos a grava. Recollemos auga con
restos de terra, follas,... e botámola en cada un dos recipientes. Concluímos
que por cantas máis capas pasase a auga máis limpa aparecía.
Gozamos moito explicando o noso experimento ás compañeiras e compañeiros doutros cursos e tamén aprendendo e facendo
preguntas sobre o que fixeron os outros grupos. Agardamos que o ano que ven sexa
igual de fantástico!!
As nenas e nenos de 1º EP tamén participamos na Semana da Ciencia 2015 que celebramos no cole a última semana de Abril na que participamos todos os grupos do cole dende infantil ata 2º de bactharelato. E nós fixémolo cun experimento sobre o ciclo da auga.
Primeiro vimos como era o ciclo da auga, as distintas fases e como a auga ía pasando por distintos estados.
Pareceunos boa idea montar na aula un mini ciclo da auga. E.....como podíamos facelo?
Ocorréusenos que cun recipiente, un pouco de auga e plástico transparente podiamos facelo, pero faltabanos un elemento fundamental : a calor do sol e ....a ventana sería un bo lugar.
E.... porque non probamos a "contaminar a auga" e meter unha planta dentro, a ver que pasa??
Na clase había diferentes hipóteses, había quen pensaba que a planta morrería e outros pensaban que non.
Pois mans a obra!!! Collemos un recipiente de plástico, para ver ben o que ocorría, despois botámoslle auga con colorante dentro introducimos unha maceta cunha planta ben verde e cubrímolo con filme transparente e por último deixámolo na ventana ao sol.
E que ocorreu???
Pois... a auga estaba transparente... limpiña!!
Ademais, despois montamos na exposición conxunta do corredor o noso experimento para que o resto do cole o puidera ver.
Por parellas fomos saíndo a explicar o proceso e as conclusións ás que chegamos. Foi moi agradable ver o interesados que estaban os demais alumnos e alumnas do centro, e tamén os profes...
Algúns e algunhas tivemos que vencer o nos medo a falar en público, outros tivemos que deixalo para o día seguinte para estar máis seguros, a outros encantounos ter tanto público...Pero todos e todas tivemos a oportunidade de ser científicos e científicas por unha semana.
Por suposto, tamén puidemos observar e probar os experimentos dos demais.
As nenas e
nenos de 1º de E.P. tivemos unha xornada moi intensa na Casa do Home.
Chegamos ás
11:30h ao museo e antes de comezar a exploración tomamos unhas galletas para repoñer forzas
ate a hora do xantar.
Había un home
altisimo.. non lle chegabamos nin á cintura!!
Nos
espellos pasamos de ser moi pequenos e gordos a moi altos e larguiruchos..
Puxemos
as nosas mans na barriga dunha embarazada e notamos coma se movía o feto., pero
o máis excitante foi ver un vídeo dunha bebé que estaba nacendo. Que contentos
estaban os seus papás!! Aínda que algúns preferimos non mirar!!
Isto vai de oídos e de sons!
E de ollos!!
Aínda que non o pareza estamos dentro dun
corazón!
E agora imos probar a nosa puntería, seremos quen de meter a pelota polo círculo?
Ou sexa, que nós….Que interesante!!!
E estes ósos que hai aquí, de que especie son?
Tamén puidemos tocar algunha melodía..
Incrible!! todos e todas só con tocar cun dedo
na pantalla estabamos pintando un cadro fantástico; iso sí era complicado non
tocar tamén ao que estaba ao carón.
Imos
ver ate onde chego!!!
De quen serán estas pegadas?
En
algunhas ocasións aínda nos levou un anaco interpretar os paneis explicativos.
Tamén
había figuras moi raras que había que clasificar, que divertido!!
Nesta
actividade fai falla moita concentración e serenidade.
Imos ver se o debuxo que fago se corresponde
coa información oral que me dan os meus compañeiros e compañeiras.
E por
fin; hora de repoñer forzas cun bo xantar xunto aos nenos e nenas de 2º e 3º de Ep que foron visitar outros museos científicos da cidade de A Coruña.