13 de mayo de 2015

Semana da ciencia 2015: Experimentamos coa auga

As nenas e nenos de 1º EP tamén participamos na Semana da Ciencia 2015  que celebramos no cole a última semana  de Abril na que participamos todos os grupos do cole dende infantil ata 2º de bactharelato. E nós fixémolo cun experimento sobre o ciclo da auga.
Primeiro vimos como era o ciclo da auga, as distintas fases e como a auga ía pasando por distintos estados.
Pareceunos boa idea montar na aula un mini ciclo da auga. E.....como podíamos facelo?
Ocorréusenos  que cun recipiente, un pouco de auga e plástico transparente podiamos facelo, pero faltabanos un elemento fundamental : a calor do sol e ....a ventana sería un bo lugar.

E.... porque non probamos a "contaminar a auga" e meter unha planta dentro, a ver que pasa??
Na clase había diferentes hipóteses, había quen pensaba que a planta morrería e outros pensaban  que non.
Pois mans a obra!!! Collemos un recipiente de plástico, para ver ben o que ocorría, despois botámoslle auga con colorante dentro introducimos unha maceta cunha planta ben verde e cubrímolo con filme transparente e  por último deixámolo na ventana ao sol.
E que ocorreu???

foto 1
foto 2
foto 3



Pois... a auga estaba transparente... limpiña!!


foto 7
foto 8


Ademais, despois montamos na exposición conxunta do corredor o noso experimento para que o resto do cole o puidera ver.
Por parellas fomos saíndo a explicar o proceso e as conclusións ás que chegamos. Foi moi agradable ver o interesados que estaban os demais alumnos e alumnas do centro, e tamén os profes...
Algúns e algunhas tivemos que vencer o nos medo a falar en público, outros tivemos que deixalo para o día seguinte para estar máis seguros, a outros encantounos ter tanto público...Pero todos e todas tivemos a oportunidade de ser científicos e científicas por unha semana.

foto 9



Por suposto, tamén puidemos observar e probar os experimentos dos demais.


foto 10
foto 11
foto 12




Canto nos divertimos coa Ciencia!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!