21 de mayo de 2015

Semana da ciencia 2015: A auga en Infantil

Os nenos e nenas de infantil participamos no proxecto interdisciplinar da Semana da Ciencia que este ano tiña como eixe a auga.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Infantil estivemos a investigar ao redor da auga como lugar onde poden vivir algúns seres vivos. E indagando indagando....os nosos intereses centraron o proxecto nos PEIXES.
Na primeira fase do proxecto recompilamos que cousas sabiamos sobre estes animais e recollémolas nun mural. Estas son algunhas das cousas que sabiamos:

 -Os peixes teñen escamas no corpo
-Algúns viven no mar e outros no río. Algúns no máis profundo do mar onde está moi escuro
 -Viven na auga e respiran debaixo
-Comen a outros peixes.

 Pero despois foron xurdindo algunhas preguntas para as  que queriamos atopar a resposta:

 -Como poden respirar debaixo da auga?
-Para que serven as escamas
 -Como nacen
-Como dormen, que comen, teñen corazón?..... E unha chea de cousiñas que asomaban pola nosa cabeciña e con ganas de atopar respostas.

Fomos traendo libros da casa, videos nos que se veían peixes nacendo das mamás, outros que explicaban que tamén podían nacer de ovos,   enciclopedias con moitas imaxes sobre as que ir sacado conclusións....

E ademais limos un conto que se chama "El Pes" no que unha nena montaba un acuario e....ocorréusenos a xenial idea de montar un para poder observar ben de preto como viven os peixes de auga doce e morna.
Así que....mans á obra.

Buscamos un acuario, unhas pedriñas e un pouco de area para o fondo, saímos fóra a lavalo...

limpando acuario


lavar pedras

E unha vez limpiño todo.....a montalo!
Peixes 2
Despois fomos descubrindo moitas cousas que nos chamaron moito a atención. Por exemplo:  sabedes que unha raia pode medir de punta a punta das aletas tanto como 8 de nós. E comprobámolo no corredor. Alucinante non si?

Raia

E para compartir  os nosos descubrimemtos co resto do cole e coas familias acordamos facer un mural co fondo do mar no que ir escribindo as nosas conclusións do proxecto.
Primeiro fixemos a auga coas ondiñas
mural peixes
na que puxemos a nadar uns peixiños feitos de papel e texturas. E ademais convertemos o noso corredor nun mar polo que mergullarse.

corredor

No acuario ademais de pedriñas e area puxemos plantiñas pois sabemos que aos peixiños lles gusta agocharse detrás delas. 
E por suposto puxemos peixes. Catuxa trouxo algúns guppies e nós fomos aportando outros exemplares de  Neóns. 
Estamos moi atentas e atentos ao que pasa día a día no acuario e descubrimos que hai unha femia de Guppie que está moi gordiña...que pasará??? Xa vos iremos contando.

Acuario

Mais non todo foron cousas bonitas pois un día cando chegamos pola mañá atopamos a dous peixiños mortos. Puxémonos algo tristes e quixemos facerlles unha despedida en condicións e soterralos nun lugar lindo do cole: a carballeira.
Pero antes de levalo alí, quixemos aproveitar para ver como é un peixe por dentro. Observamos ben de preto as branquias (aprendemos ao longo do proceso que ese é o nome da parte dos peixes que lle serve para respirar debaixo da auga) e por un ratiño convertémonos en científicos explorando o corpo do animal por dentro...que mal ulía!!


 peixe

Estamos aínda co proxecto en marcha, seguimos a ter interese por decubrir cousiñas do MAR e con ganas de que o sol pronto nos acompañe para achegarnos ata......a praia!!! 
Xa veredes, xa. Seguide atentos ao blog!!

Os Dinosaurios quixemos experimentar coa auga de moi diversas maneiras.
Creamos o noso propio arco da vella, reproducimos unha parte do ciclo da auga, a que máis nos custaba entender... a evaporación e tamén xogamos coas cores descubrindo como se creaban o violeta ou o laranxa...
 A continuación deixámosvos  a presentación en Power Point que fixemos no ordenador na clase.. e por se o dubidábades... escribimos nós!
Mirade que ben nos quedou!!!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!