15 de mayo de 2015

Semana da ciencia 2015: A auga e o chan

Encántanos investigar, experimentar e facer proxectos!! E o deste ano para a Semana da Ciencia foi especialmente divertido.  Este curso o proxecto interdisciplinar en Galén versou   sobre a auga e a nós, as nenas e nenos de 2º de Educación Primaria, tocounos a súa filtración no chan.
Despois de comprobar que os líquidos son absorbidos pola terra comezamos a facernos preguntas de que é o que pasa despois con eles. Vimos que non en todos os lados a succión  era igual de rápida e chegamos á conclusión que dependía dos materiais que conforman o chan. A partires de ai, e grazas a distinta bibliografía que trouxemos da casa, soubemos que hai ríos subterráneos de augas limpas que despois podemos extraer a través dos pozos.

foto 1
fotos 2
foto 3

Decidimos demostrar a filtración da auga cun experimento moi sinxelo e para elo precisamos dunhas botellas de plástico transparente e os seus tapóns, area,  grava miúda e grosa, carbón activo, e un pequeno algodón.
Na primeira botella  colocamos todos os elementos, na segunda omitimos o carbón activo e na última só botamos a grava. Recollemos auga con restos de terra, follas,... e  botámola en cada un dos recipientes. Concluímos que por cantas máis capas pasase a auga máis limpa aparecía.


foto 4

Gozamos moito explicando o noso experimento ás  compañeiras e compañeiros doutros cursos e tamén aprendendo e facendo preguntas sobre o que fixeron os outros grupos. 
Agardamos que o ano que ven sexa igual de fantástico!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!