22 de febrero de 2016

Robby at Teo´s and Valeria´s house

Ola queridos amigos e amigas,

estamos aquí de novo para contarvos as aventuras que vivimos Teo, Valeria e eu esta semana.

O luns, fun con Teo a coñecer á súa familia e a súa casa. Nada máis sair do cole, e tras tomar uns deliciosos amorodos e un sándwich de merenda,  percorremos o centro da cidade para facer una visita super especial...Teo presentoume á sua bisavoa!
 No camiño, tiven a sorte de poder dar un paseo no divertido patinete de Teo. É xenial ver a cidade e gozar das vistas quentiño dentro da súa mochila.


Collage2

Estivemos moi agusto rindo e xogando un anaquiño coa súa bisa para, máis tarde, voltar á casa despois dun largo día. A pesares disto, Teo tiña una morea de plans para min cando chegamos!! Sí, sí! Lemos un conto na ducha moi divertido sobre animais mariños, lavamos os dentes, ceamos na compaña da máis pequerrechiña da casa...e mesmo tiven a sorte de gozar con Teo dun conto máis antes de ir durmir!

Pic2

Collage1

Como podedes ver nas fotos, foi un día fantástico asi que só me queda dar as gracias a Teo e á súa familia por  acollerme dunha forma tan especial! Thank you :)

Pero as miñas aventuras non remataron aquí, xa que o martes Valeria levoume visitar á súa familia!
O día con Valeria tamén foi xenial! Antes de marchar á casa, quedamos a xogar no patio con outros dragóns, tiburóns e nenos do cole. Pasámolo pipa! Sobre todo, tendo en conta, que un dos meus hobbies é tirarme polo tobogán! Hobby que parece gustar moito a Valeria tamén!

Collage2

Loguiño de xogar, fomos á casa. Alí coñecín a Gabriela, á irmá pequeniña de Valeria. Ademais, ceamos unha pasta riquísima, démonos unha ducha súper rápida, pero moi divertida, e fomos á cama ler o conto de Riciños de Ouro!

Collage1

Á hora de ir á cama, Valeria inda estaba moi esperta e tiña moitíisimas ganas de xogar; mais Donkey e eu estabamos tan exhaustos despois das moitas emocións do día que viñeron as xoaniñas do sono e quedámonos durmidos sen nos dar de conta...

Pic1

A verdade, é que estou a pasalo xenial con vós Dragóns. Moitas gracias Valeria por coidarme tan ben e facerme sentir coma na miña casa :)
Gracias as dous, Teo e Valeria.
E aos demais dragóns...decirvos que estou desexando vervos de novo e xogar moito con vós e as vosas familias!

See you son :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!