25 de febrero de 2016

Patch at Galván´s, Unai´s and Rebe´s homes

Ola de novo familias,

despois de ver as miñas aventuras nas casas de Teo e Valeria, volvo para contarvos as do meu amiguiño peludo Patch nos fogares de Galván, Unai e Rebeca.
O luns, Galván levou a Patch con el a coñecer á súa familia. Alí, tiña moitos plans para el, entre os que se incluían moitos xogos de pelota, que é o xoguete favorito do meu peludo amigo! Ademais, ,cearon xuntos un polo riquísimo e mesmo leron un conto!!

Collage1

Pero o que máis lle gustou a Patch de todo o día, foi a super aperta que Galván lle deu xusto antes de se deitar. Gustoulle tanto que mesmo tiña dúbidas de se podería durmir esa noite.

Pic1

Ao día seguinte, despois dun bo almorzo, xa estaban listos para volver ao cole. Patch contoume que fora un momento algo agridoce xa que por un lado quería visitar ao resto dos dragóns.... pero, por outro, quería quedar con Galván xa que o coidou xenial! Thank you Galván :)

O martes, Patch foi con Unai quen, nada máis saír do cole, levou ao meu amigiño a merendar nunha cafetaría. E unha merenda deliciosa! Unhas galletas recheas de chocolate, tiñan unha pinta...

  Collage2

Pero aí non quedaba a cousa xa que, despois da merenda, foron dar un paseo na bici de Unai. E mesmo falaron de facer uns trucos coma eses que saen na tele! Mais non volo podo confirmar xa que Patch díxome que era un segredo inconfesabel!

Pic1

Máis tarde, ao chegar á casa, Unai lavou e secou a Patch, deulles unha rica cea tanto a el coma ao seu amigo Teddy e foron durmir pracenteiramente. E no sono, soñaron cun gorila que nos visita ás veces na clase e que canta "big gorilla, big tummy..."

Collage1

Thank you very much a ti tamén Unai por coidar tan ben de Patch e preparar uns plans tan divertidos :)

O terceiro día, mércores, Patch foi visitar a Rebe e a súa familia. Patch non tiña nin idea do que lle estaba agardando ali...Rebe e todos os seus amigos preparáronlle unha super sorpresa! Case non podía crer tal recibimento! Contoumo tan emocionado..

. Collage1

Despois, Rebe preparou unha rica merenda coa súa cociniña, cousa que Patch agradeceu moito xa que tiña moitííísima fame e levaba preguntando polo "Tea Time" toda a tarde!

Pic1

E despois de ensiñarlle a Patch a súa casiña verde onde só convida a amigos moi moi especiais, coma Patch, foron cear con moita enerxía! Tanta que non sei como iría a hora de deitarse porque diso...o meu peludo amigo non dixo nin pío....bueno, nin guau!!

Collage2

Thank you Rebe por esa super sorpresa para Patch e por facelo sentir coma na casa :)

Graciñas aos tres.

E a vós, Dragóns, tanto eu Robby coma meu amigo Patch estamos desexando verbos e vivir miles de aventuras xuntos.

See you son :)

1 comentario:

  1. Vaya fotos chulas!! estan todos guapisimos. Espero q PATCH lo pasara bien en casa..para nosotros ya como uno mas de la familia jeje..y los demas amiguitos de rbk hicieron muy buenas migas con el. Hasta la vista PATCH vuelve cuando quieras

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!