15 de febrero de 2016

PATCH AT SELENE´S HOUSE

Boas e frías tardes a todos e a todas!

Como todos sabedes, Robby e Patch van ir a visitarvos ao longo destas semanas. Xa puidestes ver o día que Robby pasou en casa de Selene e agora ímosvos mostrar o de Patch. Sí! Lembrade que este ano vanvos acompañar por separado.
Para comezar o día, nada mellor que un bo almorzo. E así o fixemos, Patch máis eu fomos tomar algo moi quentiño para coller forzas e así afrontar o día con moita enerxía. Sen embargo, tivemos algún contratempo co almorzo de Patch, xa que atopar ósos fóra da casa é algo complicado...
Despois de almorzar, reunímonos cun grupo de amigos para contar un conto. Alí estabamos Dino the dinosaur, Pinky the lemur, unha ra chamada Croaky, Patch e eu gozando dun conto de Hans Christian Andersen ao quentiño.
Co frío e a choiva que facían esa tarde, e ao estar fóra da cidade, decidimos facer un lumiño para quentarnos e, xa de paso, asamos uns chouriciños no lume para merendar que sabían a gloria!
Un pouquechiño máis tarde, ben cediño nunha escura noite, fómonos deitar e soñar cos moitos plans que teredes preparados para estes dous amiguiños tan especiais: Robby e Patch.

See you soon :) 

Patch collage

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!