14 de febrero de 2016

Robby at Selene´s House

Hello everyone!!

Como todos os anos, Robby e Patch están desexando ir a visitar as vosas casas e quedar convosco un pouquichiño máis do habitual para gozar e compartir un sinfín de actividades en familia.
Este ano Robby estreouse visitando a casa de Selene xa que Ana, a quen adoitaba visitar todos os anos, está coidando do seu pequerrechiño.

 E seguro que alguén está xa a preguntarse...."non falta algún amiguiño peludo? "
Non te preocupes Patch! Non nos esquecemos de ti!
Ti tamén vas a visitar a Selene e a súa familia pero recorda que este ano non ides ir xuntos. Así poderedes ter un pouquiño máis de tempo para cada un e compartir algún que outro segredo do que Robby ou Patch non se poden enterar! Shhh....

Na casa de Selene, Robby coñeceu unha amiga moi especial que lle recordaba un pouco a Patch: unha cadeliña chamada Sophie! Fixéronse amigos de seguida xogando e xogando..tanto, que ata durmiron xuntos!
Ademais, fixemos unha "Lime Pie" que estaba "delicious"! E despois de facela, como Robby é un chisco larpeiro, comímola toda! Tamén lavamos os dentes xa que a tarta era moi doce e non queriamos que ninguna carie viñera visitar os nosos dentes, e imaxinade ao pobre Robby con carie...cos dentes tan grandes e bonitos que ten!
Por último, e antes de  ir á cama a descansar, estivemos buscando no ordenador algún plan divertido para cando Patch viñera de visita.

Esta foi a historia de Robby na casa de Selene. Tanto el coma Patch están desexando vervos e compartir aventuras e segredos con vós e tamén cos máis grandes da familia.

Robby homestay

 










See you soon :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!