28 de febrero de 2016

Robby at Pedro´s and Nico´s House

Boas de novo amigos e amigas,esta semana fun visitar os fogares de dous rapaciños da clase dos Dragóns: Pedro e Nico!
No meu día con Pedro, fixemos moitísimas cousas! Fomos dar una volta a un centro comercial, onde Pedro e Adriana presentáronme a uns amiguiños que viñan dunha galaxia moi lonxana e outros que falaban "en franÇais"! Eu non lles entendía moito pero Pedro e Adriana axudaron moito para que todos nos entenderamos. Ademais montamos nun tren vermello que daba unas voltas increíblemente divertidas!!
Pic1
Despois do paseo, fomos á casa. Alí Donkey máis eu asistimos a un concerto de percusión estupendo! E ata tivemos a sorte de estar en primeira fila! Xa máis tarde, moi cansadiños, xogamos un pouquichiño no sofá e fomos descansar para chegar ao cole con moita enerxía!
Collage1
 Moitas grazas Pedro e Adriana por acollerme na vosa casa e prepararme uns plans tan divertidos :)
O día que pasei con Nico tamén foi xenial!
Nada máis chegar á casa, despois do cole, deiteime con Álvaro e Nico no seu rincón de lectura para ler un conto e descansar un anaquiño despois de todas as emocións do día. Pero, de súpeto, comezaron a saír peluchiños de todos os sitios para xogar connosco. E decidimos xogar ás agachadas,  a escondernos de Richard, o papá de Nico e Álvaro. Je, je! Foi tan divertido que aínda río  ao recordalo!
Nico Pic1
Despois de tanto xogo, fomos merendar unhas delicious biscuits!
Collage1
Xa para rematar o día, lavamos os dentes moi moi ben e Nico arropoume xenial na miña camiña para que soñara cos anxiños! Thank you so much Nico por coidarme tan ben e deixarme coñecer a túa casa e a túa familia.
Estas foron as miñas aventuras desta semana, estou desexando vivir moitas máis emocións co resto dos Dragóns.
Bicos moi fortes da miña parte e da do meu peludo amigo Patch.
See you son :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!