11 de mayo de 2015

Visita Álvaro e Carmen, papás de Cayetana

Ola!!! Os Dinosaurios estamos a traballar, entre outros proxectos, o corpo humano. Comezamos, coma sempre por escribir o que sabemos e o que queremos saber... e logo de traer libros moi moi interesantes... lembramos que Álvaro é médico e Carmen farmacéutica, así que ....convidámolos a vir contarnos cousas sobre o corpo.
Comezamos por falar das partes do corpo: cabeza, tronco e extremidades, logo falamos dalgúns órganos importantes e das súas funcións, por exemplo, o corazón, cuxa función é a de bombear sangue ao corpo, repartindo así (entre outras) o osíxeno que precisamos para vivir, ou os pulmóns... e para escoitar os latexos do corazón e o son da nosa respiración empregamos un fonendoscopio, así, podemos escoitarnos os nosos corazóns, mirade, mirade...
Visita papás Caye 1
Para coñecer e situar mellor os órganos Álvaro e Carmen empregaron a "Pepe" o noso maniquí de anatomía que nos amosa o corpo dende diversas perspectivas e nos permite facernos unha idea máis aproximada ao que somos en realidade e de que estamos feitos... unha viaxe marabillosa da que vos deixamos algunhas fotos nas que podedes ver como empregamos o otoscopio (serve para ver o oído)
Visita papás Caye
e... tivemos unha experiencia super-emocionante! Carmen sacoulle sangue a Álvaro e nós puidemos ver o proceso dende que se saca a sangue até como se analiza ou se ve no microscopio ou coa lupa.

Visita papás Cayetana 2
Como vistes a tarde estivo chea de información que absorbimo con emoción e moitas ganas, ademais de moita diversión coa actividades taaaan xeniais que fixemos con Carmen e Álvaro, a quenes que queremos dar as grazas pola súa colaboración, facilitándonos a tarefa de investigar e amosarnos o corpo desde moi diversas perspectivas!!!

 Biquiños mil para todos e todas, a Clase dos Dinosaurios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!