24 de mayo de 2015

Xornadas da cultura 2015

Como cada ano, este mes de Maio está a ser un mes cheíño de cousas bonitas e descubrimentos, festa, literatura, imaxinación, emocións....pois nel celebramos as xa tradicionais Xornadas da Cultura, unha chea de actividades que comezan o día 23 de Abril Día internacional do Libro, e rematan ao redor do día das letras Galegas coa nosa festiña dos Maios. Así que en infantil iniciamos as xornadas con unha visita á Biblioteca Nodal de Lugo para celebrar o Día do Libro.
Alí recibiunos Sabela, a bibliotecaria. Ela contounos varios contos e despois ensinounos como funciona a biblioteca, onde puidemos escoller libros para ler alí nun espazo especialmente preparado para nós.
Tamén nos fixo entrega aos nenos e nenas que aínda non tiñamos, do noso carné de lectoras e lectores co que poderemos ir coas nosas familias e coller emprestados libros, revistas, pelis e ata música.
Biblioteca Nodal1


biblioteca Nodal


Biblioteca Nodal 2

Na aula fixemos tamén uns marcapáxinas para cando leamos pola noite deixalos na páxina que lemos e retomar á noite seguinte.
Na calse dos caracois como estamos inmersos no proxecto dos peixes, decidimos inspirar a nosa creación na obra "O peixe dourado" de Paul Klee. Aquí podedes ver algunha cousiña do artista.
Na clase dos dinosaurios lanzámonos a coser, e con retalliños de teas de refugallo fixemos estes estupendos marcapáxinas.

Marcapáxinas pintando


marcapaxinas dinos

Ademais cada un de nós trouxo da casa o que escollemos como "O noso libro favorito" para poder compartilo e ler coas compañeiras e compañeiros. Como nos gusta ler!!
libros favoritos

Este ano as xornadas da cultura tiveron como eixe central o papel da muller na lliteratura. En todos os cursos do cole, dende Infantil ata bacharelato fixemos investigacións acerca do papel das autoras, as súas obras e historias. 
En infantil e 1º de EP quixemos coñecer a unha escritora galega que fai libros para pequechos e que ademais é unha grande contadora e actriz. Ela é Paula Carballeira (da que xa coñeciamos algúns contos como "Mateo"). Desta volta traballamos co conto "Paco", un ratiño que viaxa á Lúa pensando que é de queixo fresco. 
Limos o conto e fixemos un mural entre todos e todas. Os nenos e nenas de 1º EP e 3º EI reescribimos o conto e expuxémolo no corredor.

Paco 1


Paco

Outro dos proxectos interesantes que iniciamos nestas datas é o "Libro viaxeiro". Trátase dun libro ....baleiro!! non ten texto nin ilustracións e a nosa misión é levalo á casa (de aí que sexa viaxeiro) e coa axuda das nosas familias escribir a historia. Cada día un de nós ten que ler o escrito e continuar a historia. 
É un proxecto moi divertido e importante para nós, pois todas aquelas cousas que fagan partícipes ás nosas familias nos encantan e fomentan esa colaboración familia-escola taaaan importante.
Agora tócavos opinar a vós familias!!! que vos pareceu??

De momento deixámosvos aquí a foto das portadas dos dous libros pois aínda andan de viaxe enchéndose de palabras e historias máxicas. En canto  rematemos contámosvos.
Libros viaxeiros

As Xornadas deste ano foron moi intensas como vedes pero...aínda queda a festiña dos Maios. Seguide atentas e atentos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!