
Pedro, ataviado co seu traxe e pano na cabeza para protexerse do Sol contounos como el e os seus compañeiros e compañeiras da ONG " Rebibir" colaboran coa xente de aldeas de Mauritania construíndo pozos cos que grazas á enerxía so sol poder sacar auga e regar os hortos nos que colleitan verduriñas como as que nós temos no noso horto do cole: rábanos, cabazas, patacas, pementos etc...

A nós sorpendeunos moito a súa vestimenta e fixemos unha chea de preguntas que asaltaron as nosas cabeciñas ao ver as fotos que Pedro nos trouxo e escoitar a fermosa historia de cooperación.
Curisidades como:
-por que comen coas mans e todos dun mesmo prato?

-cantos kilómetros hai ata o teu país. Cantos días tradariamos. En que viaxaches?
-Por que non levan zapatos?
-Son todos negros???
-para que tapan as prantas dos hortos?
-por que se tapan as mulleres?
-teñen xoguetes?
-por que só se encargan as mulleres dos hortos? que fan os homes?

etc.................
A verdade é que pasamos unha tardiña moi entrañable, e estamos moi moi moivados cara o tema. Grazas Pedro pola túa compaña e pola historia bonita que nos contache. Queremos que leves contigo a Mauritania unha chea de bicos e apertas dos nenos e nenas de Infantil. MUAKSSSSS!!!

Con esta visita iniciamos o proxecto de colaboración do centro con esta ONG xa que todas as etapas teñen previstas actividades nesta liña. Invitámosvos a que visitedes a súa web para coñecer un pouco máis o proxecto: Rebibir
En Infantil esta foi a motivación de cara a iniciar un proxecto ao redor de "África" que desenvolveremos ao longo deste mes con moitas outras actividades que nos vaian xurdindo e que probablemente retomemos á volta das vacacións. Xa sabedes o que poden dar de si os proxectos verdade??? Xa vos iremos contando.
Oh! Que interesante e que sorte tan grande poder compartir uns momentos tan especiais con Pedro. Graciñas Catuxa por facernos partícipes deste proxecto tan chulo e... a seguir medrando!!!
ResponderEliminarPois si Sabela, estamos a aprender moito con este proxecto. Xa vos seguiremos contando. GRazas por etar aí e participar. Bicos
ResponderEliminarÉ precioso ver a implicación de toda a comunidade educativa no fermoso proceso de medrar coñecendo outras realidades sociais e culturais.
ResponderEliminarMeus parabéns a todos e a todas.