23 de diciembre de 2011

Proxecto Rebibir-proxecto África

A visita de Pedro serviunos como motivación para iniciar un proxecto de traballo que finalmente titulamos ÁFRICA, e foi punto de saída para moitísimas actividades que se nos foron ocorrendo.

Os nenos e nenas da clase dos Golfiños utilizamos as imaxes que Pedro nos deixou para traballar a descrición do que na imaxe se vía. Para facelo cada un de nós recurríu non só ao que se vía na imaxe, tamén fomos utilizando o aprendido nas nosas procuras de información ou o escoitado a Pedro e mesmo inventamos algunha historia fantástica a partir delas. Encantounos miralas e remiralas, buscarlles as similitudes e diferenzas das persoas que aparecían nelas con nós mesmos, imaxinarnos os seus sentimentos, poñernos na súa pel e indagar acerca do que nas súas miradas se podía ler.

rebibir 1
Rebibir 2
Rebibir 3

Todo os cole se implicou neste proxecto de colaboración. En todas as aulas se traballou o tema e os grandes fixeron traballos xeniais que a nós tamén nos axudaron a comprender un pouco mellor todo o traballo que Rebibir fai en Mauritania e a podernos achegar a outras realidades sociais, culturais e económicas ben diferentes ás nosas.

Os rapaces e rapazas de 2º ESO viñeron polas aulas de Infantil a contarnos todo o que eles investigaron, e o fixeron de marabilla. Souberon explicárnolo adaptando o seu discurso para que os entenderamos e trouxeron moi acertadamente imaxes coas que poder facelo máis comprensible para nós.
Grazas! encántanos poder contar coa vosa colaboración e presenza nas nosas aulas.
Xa vedes que no cole que facemos un montón de cousas compartidas entre os nenos e nenas de diferentes niveis xa que cremos que é moi moi positivo para ámbalas dúas partes e fomenta o traballo cooperativo e a colaboración entre todos os menbros da comunidade educativa.

Rosalía-Fikru


Tamén fixeron esta maqueta coa que puidemos entender un pouco mellor como se constrúen os pozos, de onde sacan a auga (pero se é un deserto!) e como as "Culleriñas da lúa" (placas solares) fan que a auga poida saír do máis fondo da terra.
Hortos
pozos

Inspirádonos nos hortos ecolóxicos que poñen en marcha en Mauritania, fixemos unhas postais-doazón con diferentes técnicas plásticas para que o día que as familias viñesen ao cole puidesemos recadar fondos para o proxecto Rebibir. Quedáronnos moi chulas e foi un exitazo. Grazas a todos e todas pola colaboración!

postais rebibir

África tamén nos servíu de inspiración para as postais de felicitación ás nosas familias. Os nenos e nenas da clase do sol e dos tigres utilizamos a pel de diferentes animais da sabana para adornar as postais, e quedaron unhas estampacións xeniais das peles da xirafa, do tigre e da cebra. Os golfiños inspirámonos nos estampados das teas que levan as mulleres paara cubrirse e que tamén utilizan para cubrir os cultivos e evitar así que os queime o sol.
postais

estampado 2
estampado

E tamén os grandes se encargaron de decorar a entrada do cole. Recrearon unha imaxe que aparece no libro de Rebibir con papeis, telas e diferentes materiais que lle deron texturas e volumes á que lle engadiron aos tres reis magos traballando na horta plantando ravos (reais que plantaron os nenos de 3º e 4º EP). E quedou así de bonito:

entrada
Estes que vos contamos son só uns poucos exemplos do que se traballou nas diferentes aulas. E poñemos estas porque son as que máis nos axudaron aos máis pequechos, pero houbo moito e moi bo traballo ao redor deste proxecto tan interesante.

Quédannos moitas cousiñas que contarvos destes últimos días, non deixedes de visitarnos entre festa e festa. Seguimos informandoooooo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!