31 de diciembre de 2011

Preparando o Nadal nas aulas

Ao longo de todo o mes de decembro estivemos a preparar con moito agarimo o Nadal nas tres aulas.
Por unha banda rematando os traballos do trimestre para levalos á casa e poder compartilos coas nosas familias. Encántanos sentar a miralos e remiralos unha e outra vez, explicar o que fixemos en cada un deles, como o fixemos e o ben que nos sentimos véndonos capaces de facer cada día máis cousas e de maneira cada vez un pouquiño máis autónoma.
E para poder transportar estes estupendos traballos decidimos facer unhas bolsiñas con diferentes técnicas pero as tres con materiais de refugallo un pouco mais duradeiros, xa que o obxectivo é podelas reutilizar ao final de cada un dos tres trimestres para transportar os traballos e unha vez rematado o curso podelas utilizar a cotío: para a merenda, para saír de paseo coas nosas cousas ....en fin, seguro que xa lle iremos buscando un sin fin de utilidades.

Os nenos e nenas da clase do Sol utilizaron mostras de teas (grazas Gloria xa sabes que nos dan moito xogo) e déronlles forma de mochila. Mirade que guai:
bolsiñas 1

Na clase dos Tigres variou o deseño pero o material é o mesmo...e como locen!
bolsiñas 2

E os nenos e nenas da clase dos golfiños seguindo co proxecto África, quixeron imitar as teas que as mulleres Mauritanas utilizan para cubrirse e tinguiron camisetas vellas que había pola casa.
tinguido
tinguido 2
E quedaron relamente chulísimas verdade??
tinguido 3

Para felicitar o Nadal fixemos ademais das postais inspiradas en África que xa vos ensinamos aquí outros modelos para felicitar aos nosos compañeiros e compañeiras. Este ano tocounos trocar postais cos rapaces e rapazas de 1º bac. O troco de postais é xa unha tradición no cole que nos encanta a todos e todas independentemente da idade. O último día de cole, pola mañá, buscamos ao grupo que nos toca e sixilosamente achegámonos á aula para meter as postais por debaixo da portiña e despois de petar con ganas nela saír correndo para que non nos descubran. Para nós é realmente emocionante, non só envialas senón tamén recibilas do mesmo xeito.
Estes foron os modelos:
postais

E seguindo na liña da reutilización de materiais, como todos os anos tamén, fixemos adornos para as nosas árbores de casa...
adornos
adornos

.... e os xoguetes que coma sempre saen miles de versións. Con este e outrso traballos xa sabedes que intentamos buscar alternativas e concienciarnos sobre a redución do consumo e tame´n dos resíduos, ademais de fomentar a creatividade e recuperar o valor perdido do xoguete sen pilas, artesanal e feito por eles mesmos. Mirade que xeniais:

Os nenos e nenas da clase do Sol fixeron uns Robots moi orixinais pero non temos fotos.
Os nenos e nenas da clase dos tigres fixeron estes xoguetes variados:

xoguetes 3
xoguetes 1
xoguetes 2

E tamén fixeron estes Monicreques de calcetín na clase dos golfiños. A idea sacámola de aquí, un sitio moi recomendable e con unha chea de ideas xeniais.:
titeres1
títeres 2
títeres 4
titeres 5

Estas son só algunhas das cousas que fixemos e aprendimos. Outras moitas están en cada un de nós despois do vivido estes primeiros tres meses tantas e tantas experiencias ...e os que nos tedes pretiño irédelas vendo a pouquiños.


.....aínda quedan cousiñas que contarvos ........seguide atentos e atentas.

Ah!!! e que teñades unha boa despedida e entrada de ano! Bicos a todos e todas dende a pequena escoliña de Galén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!