5 de enero de 2012

Máxicas visitas

Claro que si! Non podían faltar as visitas das personaxes máxicas do Nadal. E este ano, por partida doble xa que non só apareceron polas aulas os Reis Magos de Oriente, senón que por primeira vez este ano pasou o Apalpador por aquí!!!!

apalpador 1

Que ilusión nos fixo ver a este personaxe que os nenos e nenas de 3º EI levavamos tanto tempo coñecendo de oídas, dos contos, das cancións....e pensabamos que nunca ía chegar o día de velo en persoa....E así foi.
Mirade as nosas cariñas cando o vimos entrar pola porta da aula:

apalpador 3

Apareceu no cole tal e como nos tiñan contando, tal e como o describían os libros e a información que sobre el recompilamos: a súa pucha na cabeza, os seus zocos para andar pola montaña e pola lama sen mollar os pes, o seu fol de coiro cheíño de castañas, e a súa cachimba na boca...apagada eh!!! .... contounos que xa non fuma pero que a leva na boca para acordar que non debe facelo.

apalpador 2

E como di a historia, para que poida vir e apalpar as barriguiñas os nenos e as nenas teñen que estar durmidos e durmidas polo que .....a durmir nos puxemoooooossss!!!!

apalpador 5


E o momento da despedida foi do máis emotivo, lanzámonos a darlle miles de apertas e chuchos...e ata lle cantamos a canción mentres marchaba polo corredor esperando que non esqueza volver o ano que vén.

apalpador 4

Para os que aínda non sabedes quen é o apalapador recomendámosvos visitar o blog de meninheira que fixo unha xenial entrada onde recolleu moitos dos recursos sobre esta personaxe e unha cantiguiña intrepretada por unha das mellores voces masculinas da música galega actual, Xabier Díaz. Esperamos vos guste: Dalle un coliño. Tamén nós o ano pasado vos contamos algunhas cousiñas aquí.

E para rematar o día de visitas especiais, estiveron con nós as súas Maxestades. Este ano viñeron nunha furgoneta de Rebibir. Contarvos para os que sodes novos que cada ano veñen en medios de transporte moi diferentes e ás veces sorprendentes: en autobús antigo, en cabalo, en moto de traill, en traspaleta, en seiscentos, en remolque de tractor.. xa vedes que orixinais son. E todos os nenos e nenas do cole non só estamos cada Nadal intrigados por velos senón tamén por saber en que virán....que divertido!

Leron as cartas que lles entregamos coas nosas peticións:
reis 1
Adiantáronnos os agasallos para as aulas:

reis 3

e ata algún valente achegouse a recollelo sen dubidalo un segundo:

reis 2


Pois con esta entrada rematamos a serie de entradas adicadas ao Nadal. Xa quedan só uns pouquiños días para a volta ás aulas e poder seguir vivindo aventuras tan emocionantes coma sempre.
Gozade destes días!!!!! Biquiños.

3 de enero de 2012

Nós falamos así..... CRI CRIIIII!!!!!!


Como vos estivemos contando durante o pasado mes de decembro fixemos moitas cousas preparando as diversas actividades e proxectos do Nadal. Hai unha da que aínda non vos contamos nada pero que xa escoitastes. Foi a canción que aprendemos para o concerto de Nadal.
A pesar do moito traballo que temos nestas datas sempre sacamos un ratiño para cantar e ensaiar a canción que logo facemos con todos os nenos e nenas do cole no festival.
E por si era pouco, este ano aprendemos outro idioma máis. Convertémonos en grilos e aprendemos a falar CRI CRI!!
grilo
Foi moi divertido. Cantamos en moitos idiomas: english, castellano, euskera, català, italiano, français, português, …
Desta volta cantaron con nós as nenas e nenos de 2º da ESO… si si!!!… os que nos viñeron a contar un montón de cousas sobre o proxecto REBIBIR e que tamén estaban moi atarefados. Aínda así atopamos momentiños nos que quedar para ensaiar e así conseguimos que a canción fose todo un éxito.
concerto
concerto 2
concerto 3
Deixámosvos aquí o enlace a un vídeo moi divertido coa canción CRI CRI !!! que pertence ao disco “A nena e o grilo” de Magín Blanco (moi moi recomendable para a discografía familiar), pois de seguro xa tedes a gravación da nosa interpretación no festival de Nadal.
nena e grilo
Deica a vindeira nova.

31 de diciembre de 2011

Preparando o Nadal nas aulas

Ao longo de todo o mes de decembro estivemos a preparar con moito agarimo o Nadal nas tres aulas.
Por unha banda rematando os traballos do trimestre para levalos á casa e poder compartilos coas nosas familias. Encántanos sentar a miralos e remiralos unha e outra vez, explicar o que fixemos en cada un deles, como o fixemos e o ben que nos sentimos véndonos capaces de facer cada día máis cousas e de maneira cada vez un pouquiño máis autónoma.
E para poder transportar estes estupendos traballos decidimos facer unhas bolsiñas con diferentes técnicas pero as tres con materiais de refugallo un pouco mais duradeiros, xa que o obxectivo é podelas reutilizar ao final de cada un dos tres trimestres para transportar os traballos e unha vez rematado o curso podelas utilizar a cotío: para a merenda, para saír de paseo coas nosas cousas ....en fin, seguro que xa lle iremos buscando un sin fin de utilidades.

Os nenos e nenas da clase do Sol utilizaron mostras de teas (grazas Gloria xa sabes que nos dan moito xogo) e déronlles forma de mochila. Mirade que guai:
bolsiñas 1

Na clase dos Tigres variou o deseño pero o material é o mesmo...e como locen!
bolsiñas 2

E os nenos e nenas da clase dos golfiños seguindo co proxecto África, quixeron imitar as teas que as mulleres Mauritanas utilizan para cubrirse e tinguiron camisetas vellas que había pola casa.
tinguido
tinguido 2
E quedaron relamente chulísimas verdade??
tinguido 3

Para felicitar o Nadal fixemos ademais das postais inspiradas en África que xa vos ensinamos aquí outros modelos para felicitar aos nosos compañeiros e compañeiras. Este ano tocounos trocar postais cos rapaces e rapazas de 1º bac. O troco de postais é xa unha tradición no cole que nos encanta a todos e todas independentemente da idade. O último día de cole, pola mañá, buscamos ao grupo que nos toca e sixilosamente achegámonos á aula para meter as postais por debaixo da portiña e despois de petar con ganas nela saír correndo para que non nos descubran. Para nós é realmente emocionante, non só envialas senón tamén recibilas do mesmo xeito.
Estes foron os modelos:
postais

E seguindo na liña da reutilización de materiais, como todos os anos tamén, fixemos adornos para as nosas árbores de casa...
adornos
adornos

.... e os xoguetes que coma sempre saen miles de versións. Con este e outrso traballos xa sabedes que intentamos buscar alternativas e concienciarnos sobre a redución do consumo e tame´n dos resíduos, ademais de fomentar a creatividade e recuperar o valor perdido do xoguete sen pilas, artesanal e feito por eles mesmos. Mirade que xeniais:

Os nenos e nenas da clase do Sol fixeron uns Robots moi orixinais pero non temos fotos.
Os nenos e nenas da clase dos tigres fixeron estes xoguetes variados:

xoguetes 3
xoguetes 1
xoguetes 2

E tamén fixeron estes Monicreques de calcetín na clase dos golfiños. A idea sacámola de aquí, un sitio moi recomendable e con unha chea de ideas xeniais.:
titeres1
títeres 2
títeres 4
titeres 5

Estas son só algunhas das cousas que fixemos e aprendimos. Outras moitas están en cada un de nós despois do vivido estes primeiros tres meses tantas e tantas experiencias ...e os que nos tedes pretiño irédelas vendo a pouquiños.


.....aínda quedan cousiñas que contarvos ........seguide atentos e atentas.

Ah!!! e que teñades unha boa despedida e entrada de ano! Bicos a todos e todas dende a pequena escoliña de Galén.

28 de diciembre de 2011

Ximcana da Auga

Este foi o nome que lle demos a outra das actividades que fixemos seguindo o fío da construcción de pozos en Mauritania pormovidos pola ong Rebibir. Dentro do proxecto que se levou a cabo en todo o cole, os nenos e nenas de EI e o 1º ciclo de EP quixemos comprobar en propia pel que é o que pasa se temos que ir en busca de auga lonxe como teñen que facer os nenos e nenas de Mauritania que non teñen pozos de onde poder sacala de maneira moito maís efectiva e preto da casa.

No patio cuberto intentamos simular con diferentes materiais un percorrido con infinidade de obstáculos como os que poderían atoparse na vida real os nenos e nenas mauritanos (baches, costiñas, subidas e baixadas, pedras que esquivar, pasos estreitos etc...). Era un tarballo cooperativo en parellas dende un punto onde recolliamos auga dun caldeiro grande para, despois de pasar por todos os obstáculos cun vasiño dela, depositalo en botellas onde estaba marcada unha cantidade mínima que sería a necesaria para poder beber un día e o que sobrase desa sería para regar.

Nas imaxes podedes vernos ao longo do percorrido, moi a modiño, intentando non verter nada de auga e cooperando entre nós para chegar xuntos ao final coa maior cantidade de auga posible.

auga
auga
auga
auga
auga
auga
auga
auga

Despois de feito o percorrido 3 veces fixemos un traballo de reflexión conxunta e algunhas das conclusións ás que chegamos foron:

-É un traballo moi canso e duro e finalmente non conseguimos auga casi nin para beber.
-Tan só unha parella conseguíu chegar á marca de "para beber un día un neno/a". Ningún de nós conseguíu auga para regar.
-Se non podemos regar non podemos plantar e polo tanto non temos para comer.
-O camiño foi cansado.... e eso que non facía sol e calor como alí!!
-O fácil que temos nós as cousas abrindo só a billa!
-Si pasan o día ocupados en ir buscar auga non poden xogar, nin descansar nin ir á escola.
-Caía moitísima auga polo camiño e iso que iamos moi moi amodiño.

Xa vedes, finamente puidemos comprobar o importante traballo que desenvolven Pedro e os seus compañeiros e compañeiras en Mauritania na construcciónd e pozos onde ter moito máis fácil o acceso á auga para regar, para beber e poder así colleitar as verduriñas tan importantes na alimentación.

26 de diciembre de 2011

Teatro en Lugo no Nadal

Xa sabedes que tamén dende este blog vos informamos da oferta cultural para os máis pequechos na cidade. Non esquezades visitar de cando en vez o sitios recomendados na coluna da esquerda. Aí podedes atopar moita e moi variada programación cultural infantil en toda Galicia.

Déixovos aquí o enlace ao programa de Nadal da área de cultura do concello de Lugo. Mañá ás 18:30 no Gustavo Freire teremos aos títeres Trompicallo con "O día que chegou unha nube e choveu". Pinchade aquí.
O mércores 28 tamén ás 18:30 non vos perdades a función da compañía Matapiollos que desta volta nos agasalla con "A rebelión do monicreque". Seguro que non vos defrauda porque desta compañía podería recomendarvos calquera das súas montaxes. Mirade aquí.
Consultade aquí o programa de Nadal e xa sabedes: animádevos a participar da oferta cultural da cidade!

Nestes días seguiremos contándovos as cousiñas que fixemos en Nadal.
Seguiremos informandooooooo!!