5 de enero de 2012

Máxicas visitas

Claro que si! Non podían faltar as visitas das personaxes máxicas do Nadal. E este ano, por partida doble xa que non só apareceron polas aulas os Reis Magos de Oriente, senón que por primeira vez este ano pasou o Apalpador por aquí!!!!

apalpador 1

Que ilusión nos fixo ver a este personaxe que os nenos e nenas de 3º EI levavamos tanto tempo coñecendo de oídas, dos contos, das cancións....e pensabamos que nunca ía chegar o día de velo en persoa....E así foi.
Mirade as nosas cariñas cando o vimos entrar pola porta da aula:

apalpador 3

Apareceu no cole tal e como nos tiñan contando, tal e como o describían os libros e a información que sobre el recompilamos: a súa pucha na cabeza, os seus zocos para andar pola montaña e pola lama sen mollar os pes, o seu fol de coiro cheíño de castañas, e a súa cachimba na boca...apagada eh!!! .... contounos que xa non fuma pero que a leva na boca para acordar que non debe facelo.

apalpador 2

E como di a historia, para que poida vir e apalpar as barriguiñas os nenos e as nenas teñen que estar durmidos e durmidas polo que .....a durmir nos puxemoooooossss!!!!

apalpador 5


E o momento da despedida foi do máis emotivo, lanzámonos a darlle miles de apertas e chuchos...e ata lle cantamos a canción mentres marchaba polo corredor esperando que non esqueza volver o ano que vén.

apalpador 4

Para os que aínda non sabedes quen é o apalapador recomendámosvos visitar o blog de meninheira que fixo unha xenial entrada onde recolleu moitos dos recursos sobre esta personaxe e unha cantiguiña intrepretada por unha das mellores voces masculinas da música galega actual, Xabier Díaz. Esperamos vos guste: Dalle un coliño. Tamén nós o ano pasado vos contamos algunhas cousiñas aquí.

E para rematar o día de visitas especiais, estiveron con nós as súas Maxestades. Este ano viñeron nunha furgoneta de Rebibir. Contarvos para os que sodes novos que cada ano veñen en medios de transporte moi diferentes e ás veces sorprendentes: en autobús antigo, en cabalo, en moto de traill, en traspaleta, en seiscentos, en remolque de tractor.. xa vedes que orixinais son. E todos os nenos e nenas do cole non só estamos cada Nadal intrigados por velos senón tamén por saber en que virán....que divertido!

Leron as cartas que lles entregamos coas nosas peticións:
reis 1
Adiantáronnos os agasallos para as aulas:

reis 3

e ata algún valente achegouse a recollelo sen dubidalo un segundo:

reis 2


Pois con esta entrada rematamos a serie de entradas adicadas ao Nadal. Xa quedan só uns pouquiños días para a volta ás aulas e poder seguir vivindo aventuras tan emocionantes coma sempre.
Gozade destes días!!!!! Biquiños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!