28 de diciembre de 2011

Ximcana da Auga

Este foi o nome que lle demos a outra das actividades que fixemos seguindo o fío da construcción de pozos en Mauritania pormovidos pola ong Rebibir. Dentro do proxecto que se levou a cabo en todo o cole, os nenos e nenas de EI e o 1º ciclo de EP quixemos comprobar en propia pel que é o que pasa se temos que ir en busca de auga lonxe como teñen que facer os nenos e nenas de Mauritania que non teñen pozos de onde poder sacala de maneira moito maís efectiva e preto da casa.

No patio cuberto intentamos simular con diferentes materiais un percorrido con infinidade de obstáculos como os que poderían atoparse na vida real os nenos e nenas mauritanos (baches, costiñas, subidas e baixadas, pedras que esquivar, pasos estreitos etc...). Era un tarballo cooperativo en parellas dende un punto onde recolliamos auga dun caldeiro grande para, despois de pasar por todos os obstáculos cun vasiño dela, depositalo en botellas onde estaba marcada unha cantidade mínima que sería a necesaria para poder beber un día e o que sobrase desa sería para regar.

Nas imaxes podedes vernos ao longo do percorrido, moi a modiño, intentando non verter nada de auga e cooperando entre nós para chegar xuntos ao final coa maior cantidade de auga posible.

auga
auga
auga
auga
auga
auga
auga
auga

Despois de feito o percorrido 3 veces fixemos un traballo de reflexión conxunta e algunhas das conclusións ás que chegamos foron:

-É un traballo moi canso e duro e finalmente non conseguimos auga casi nin para beber.
-Tan só unha parella conseguíu chegar á marca de "para beber un día un neno/a". Ningún de nós conseguíu auga para regar.
-Se non podemos regar non podemos plantar e polo tanto non temos para comer.
-O camiño foi cansado.... e eso que non facía sol e calor como alí!!
-O fácil que temos nós as cousas abrindo só a billa!
-Si pasan o día ocupados en ir buscar auga non poden xogar, nin descansar nin ir á escola.
-Caía moitísima auga polo camiño e iso que iamos moi moi amodiño.

Xa vedes, finamente puidemos comprobar o importante traballo que desenvolven Pedro e os seus compañeiros e compañeiras en Mauritania na construcciónd e pozos onde ter moito máis fácil o acceso á auga para regar, para beber e poder así colleitar as verduriñas tan importantes na alimentación.

26 de diciembre de 2011

Teatro en Lugo no Nadal

Xa sabedes que tamén dende este blog vos informamos da oferta cultural para os máis pequechos na cidade. Non esquezades visitar de cando en vez o sitios recomendados na coluna da esquerda. Aí podedes atopar moita e moi variada programación cultural infantil en toda Galicia.

Déixovos aquí o enlace ao programa de Nadal da área de cultura do concello de Lugo. Mañá ás 18:30 no Gustavo Freire teremos aos títeres Trompicallo con "O día que chegou unha nube e choveu". Pinchade aquí.
O mércores 28 tamén ás 18:30 non vos perdades a función da compañía Matapiollos que desta volta nos agasalla con "A rebelión do monicreque". Seguro que non vos defrauda porque desta compañía podería recomendarvos calquera das súas montaxes. Mirade aquí.
Consultade aquí o programa de Nadal e xa sabedes: animádevos a participar da oferta cultural da cidade!

Nestes días seguiremos contándovos as cousiñas que fixemos en Nadal.
Seguiremos informandooooooo!!

23 de diciembre de 2011

Proxecto Rebibir-proxecto África

A visita de Pedro serviunos como motivación para iniciar un proxecto de traballo que finalmente titulamos ÁFRICA, e foi punto de saída para moitísimas actividades que se nos foron ocorrendo.

Os nenos e nenas da clase dos Golfiños utilizamos as imaxes que Pedro nos deixou para traballar a descrición do que na imaxe se vía. Para facelo cada un de nós recurríu non só ao que se vía na imaxe, tamén fomos utilizando o aprendido nas nosas procuras de información ou o escoitado a Pedro e mesmo inventamos algunha historia fantástica a partir delas. Encantounos miralas e remiralas, buscarlles as similitudes e diferenzas das persoas que aparecían nelas con nós mesmos, imaxinarnos os seus sentimentos, poñernos na súa pel e indagar acerca do que nas súas miradas se podía ler.

rebibir 1
Rebibir 2
Rebibir 3

Todo os cole se implicou neste proxecto de colaboración. En todas as aulas se traballou o tema e os grandes fixeron traballos xeniais que a nós tamén nos axudaron a comprender un pouco mellor todo o traballo que Rebibir fai en Mauritania e a podernos achegar a outras realidades sociais, culturais e económicas ben diferentes ás nosas.

Os rapaces e rapazas de 2º ESO viñeron polas aulas de Infantil a contarnos todo o que eles investigaron, e o fixeron de marabilla. Souberon explicárnolo adaptando o seu discurso para que os entenderamos e trouxeron moi acertadamente imaxes coas que poder facelo máis comprensible para nós.
Grazas! encántanos poder contar coa vosa colaboración e presenza nas nosas aulas.
Xa vedes que no cole que facemos un montón de cousas compartidas entre os nenos e nenas de diferentes niveis xa que cremos que é moi moi positivo para ámbalas dúas partes e fomenta o traballo cooperativo e a colaboración entre todos os menbros da comunidade educativa.

Rosalía-Fikru


Tamén fixeron esta maqueta coa que puidemos entender un pouco mellor como se constrúen os pozos, de onde sacan a auga (pero se é un deserto!) e como as "Culleriñas da lúa" (placas solares) fan que a auga poida saír do máis fondo da terra.
Hortos
pozos

Inspirádonos nos hortos ecolóxicos que poñen en marcha en Mauritania, fixemos unhas postais-doazón con diferentes técnicas plásticas para que o día que as familias viñesen ao cole puidesemos recadar fondos para o proxecto Rebibir. Quedáronnos moi chulas e foi un exitazo. Grazas a todos e todas pola colaboración!

postais rebibir

África tamén nos servíu de inspiración para as postais de felicitación ás nosas familias. Os nenos e nenas da clase do sol e dos tigres utilizamos a pel de diferentes animais da sabana para adornar as postais, e quedaron unhas estampacións xeniais das peles da xirafa, do tigre e da cebra. Os golfiños inspirámonos nos estampados das teas que levan as mulleres paara cubrirse e que tamén utilizan para cubrir os cultivos e evitar así que os queime o sol.
postais

estampado 2
estampado

E tamén os grandes se encargaron de decorar a entrada do cole. Recrearon unha imaxe que aparece no libro de Rebibir con papeis, telas e diferentes materiais que lle deron texturas e volumes á que lle engadiron aos tres reis magos traballando na horta plantando ravos (reais que plantaron os nenos de 3º e 4º EP). E quedou así de bonito:

entrada
Estes que vos contamos son só uns poucos exemplos do que se traballou nas diferentes aulas. E poñemos estas porque son as que máis nos axudaron aos máis pequechos, pero houbo moito e moi bo traballo ao redor deste proxecto tan interesante.

Quédannos moitas cousiñas que contarvos destes últimos días, non deixedes de visitarnos entre festa e festa. Seguimos informandoooooo!!!

11 de diciembre de 2011

Robby Rabbit and the Magosto.

Hello everyone!

Hai pouco tempo celebramos o magosto no cole. Celebramos que chegou o outono e que con el cambian de cor as follas vellas das árbores (aínda que é curioso ver que non pasa o mesmo con todas elas), e como logo de cambiar de cor, as follas acaban por caer ao chan e con elas as castañas. Estas, xunto co lume, fan posible festexar a colleita que deste froito facemos. Sabiades que magosto quere dicir gran lume?
Logo de explicarlle isto a Robby (el tamén aportou coñecementos, pois a natureza é o seu hábitat), decidimos que nada mellor que saír a facer o que é costume nesta data para entender o seu verdadeiro significado. O tempo, como é propio, foi un tanto chuvioso, pero Robby xa está acostumado. Nós, en cambio, tivemos que nos resgardar cun chuvasqueiro. Tivemos un día memorable, e como sempre queremos compartilo con vós.
Esperamos que vos gusten as fotos e gocedes moito véndoas!

1. Picking up chestnuts.

Tivemos un pequeno accidente, pero curámolo axiña!

2. Ouch!

Un pouco de Dalsy...

5. Dalsy.

Unha tirita...

3. Band-aid.

Unha boa dose de mimo e bicos... e listo!

4. I feel better.

Feitas as curas, seguimos coa nosa pequena aventura.

6. 2 Chestnuts.

One, two, three... twenty-six, twenty-seven... THIRTY-FOUR CHESTNUTS!!

7. In the basket.

8. Wow! Look at the fire.

9. Thank you Roberto!

Metemos castañas no bombo...

10. Into the barrel.

Démoslles voltas (en realidade só foi media volta, pesa unha barbaridade!)

11. Round and round.

Bailamos e secámonos a carón do lume...

12. Cha cha cha!

Non quixemos faltar ao ensaio dos músicos. Foi... incrible!

13. Oleg and I.

14. Tania and I.

15. I played the bass drum.

16. I played the drums.

Vaia instrumento máis raro a zanfona.

17. This is a weird instrument!

18. I played the bagpipe.

19. I played the cymbals.

E chegou a hora de cantar...

20. My friends sang, Mírame Miguel!

E tamén de ver cantar aos demais. Que ben o fixeron!

21. We saw the rest of the concert.

22. It was great fun!

E como non, a hora de comer as castañas!

23. Almost ready.

24. Smells lovely.

Non podemos esquecer de tirar as mondas ao lixo!

25. The peels in the bin.

ATA OUTRA!

8 de diciembre de 2011

Visita dende Mauritania

Nin máis nin menos que dende Mauritania veu Pedro a contarnos un conto no que o sol e a lúa atoparon xuntos un sistema para sacar auga do profundo da terra grazas a unhas "culleriñas máxicas" que funcionan cos raíños do sol (placas de enerxía solar)

.

Pedro, ataviado co seu traxe e pano na cabeza para protexerse do Sol contounos como el e os seus compañeiros e compañeiras da ONG " Rebibir" colaboran coa xente de aldeas de Mauritania construíndo pozos cos que grazas á enerxía so sol poder sacar auga e regar os hortos nos que colleitan verduriñas como as que nós temos no noso horto do cole: rábanos, cabazas, patacas, pementos etc...
.

A nós sorpendeunos moito a súa vestimenta e fixemos unha chea de preguntas que asaltaron as nosas cabeciñas ao ver as fotos que Pedro nos trouxo e escoitar a fermosa historia de cooperación.
Curisidades como:
-por que comen coas mans e todos dun mesmo prato?

.

-cantos kilómetros hai ata o teu país. Cantos días tradariamos. En que viaxaches?
-Por que non levan zapatos?
-Son todos negros???
-para que tapan as prantas dos hortos?
-por que se tapan as mulleres?
-teñen xoguetes?
-por que só se encargan as mulleres dos hortos? que fan os homes?
.

etc.................

A verdade é que pasamos unha tardiña moi entrañable, e estamos moi moi moivados cara o tema. Grazas Pedro pola túa compaña e pola historia bonita que nos contache. Queremos que leves contigo a Mauritania unha chea de bicos e apertas dos nenos e nenas de Infantil. MUAKSSSSS!!!
.

Con esta visita iniciamos o proxecto de colaboración do centro con esta ONG xa que todas as etapas teñen previstas actividades nesta liña. Invitámosvos a que visitedes a súa web para coñecer un pouco máis o proxecto: Rebibir
En Infantil esta foi a motivación de cara a iniciar un proxecto ao redor de "África" que desenvolveremos ao longo deste mes con moitas outras actividades que nos vaian xurdindo e que probablemente retomemos á volta das vacacións. Xa sabedes o que poden dar de si os proxectos verdade??? Xa vos iremos contando.