22 de diciembre de 2014

Chegou o Nadal.

Chegou o inverno e con el o frío e....as festas de Nadal!!

Para rematar o trimestre estivemos a preparar as bolsiñas nas que levar os traballiños á casa. Como xa sabedes, gústanos facer todo con material de refugallo e poder así reducir resíduos. Nesta ocasión quixemos darlle unha segunda vida a esas camisetas xa algo velliñas que andan polos armarios das mamás e dos papás. Un pouco de tinte e imaxinación fan delas unhas bolsas do máis chulis.

tinguido

 Tamén na mesma liña facemos cada ano un xoguete ou xogo sen necesidade de mercar nada.
xoguete
Este ano os protagonistas foron os tubos de papel hixiénico. Con eles os nenos e nenas da clase dos caracois fixemos este xogo matemático no que se tratar de asociar cada grafía coa súa cantidade (de pauiños). Na clase dos dinosaurios  fixemos catalexos e prismáticos. Chulos, non si?  
Os últimos días do cole foron tamén moi especiais: o chocolate con churros, a elaboración de postais para meter por debaixo das portas dos compañeiros e compañeiras, os cantos de aguinaldo e como non.....A VISITA DO APALPADOR E OS REIS MAGOS DE ORIENTE!!! 

Adornos para a  árbore e postais

postais
  
churros
 Enchendo as barriguiñas para que o Apalpador mire como estamos de mantidos  

 Así...así esteades todo o ano.... dixo o Apalpabarrigas que veu no coche de liña dende as montañas do Courel como cada ano a visitarnos.

Apalpador
  
 As súas Maxestades....

Reis 1
Reis 2

Este fin de trimestre ademais foi un chisco máis especial pois como sabedes fixemos o espectáculo "Andando a Terra" con Uxía Senlle no escenario do Auditorio Gustavo Freire.
Os profesionais do audiovisual están a traballar a reo para que pronto poidamos ver as fotos e a gravación do espectáculo. 
Mentres tanto...que gocedes das vacacións e que teñades un bo Nadal e unha fantástica entrada do novo ano.

Biquiños!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!