6 de enero de 2014

Así foi o Nadal 2013, 3º Parte: As súas Maxestades de Oriente

Si, si como ledes!! Melchor, Gaspar e Baltasar tamén se achegaron polo cole para saudarnos e traernos uns agasallos ás aulas. Na súa primeira viaxe de recoñecemento (claro! non sabiades que antes da data de reis fan unha primeira visita a todas as cidades para facer o mapa e a rota de viaxe?? pois agora xa o sabedes)  acordaron facer unha pequena paradiña en Galén para traer os nosos agasallos de aula.

Pois en canto nos viñeron avisar de que estaban a chegar saimos todos e todas (grandes e pequenos) ás gradas de fóra para velos chegar dende ben alto. Mirade que cara de ilusión e impaciencia. A espera foi....longa coma sempre nestas ocasións ...e por un lado do patio vimos chegar unha....FURGONETA! na que viñan os tres Reis Magos...

esperando 1
esperando 2

Ao cole Galén os Reis veñen cada ano nun medio de transporte diferente: viñeron xa en cabalo, moto, bici, bus antigo, seiscentos, traspaleta, quad etc...

Despois dos primeiros saúdos de rigor xuntámonos os grupos nas aulas para poder telos máis preto e falar un cachiño con eles. Algúns de nós, con moita prudencia, preferimos non achegarnos moito e incluso buscamos os colos das nosas profes que nos facían sentir máis seguros. Outros/as pola contra animámonos a parolar un ratiño con eles e achegarnos a bicarlle sou darlles a man, incluso para recoller os agasallos que trouxeron.
reis3-4
reis 5
agasallo
reis 1-2º
 
 Foi un día de grandes emocións que iremos gardando nas nosas mochilas para lembrar cando nos fagamos grandes.

E hoxe é noite de reis nas casiñas así que...a durmir que xa son horas!!
Que teñades unha marabillosa noite de soños cumpridos e un feliz día de Reis.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!