24 de diciembre de 2013

Así foi o Nadal 2013, 1ª parte.

Como xa vos contamos este Nadal foi, coma sempre , do máis activo e emocionante. Os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo de primaria cantamos, bailamos,  fixemos adornos, preparamos os nosos traballiños do trimestre para levar a casa, e vivimos unha chea de emocións coas sorpresas que cada ano nos traen estas datas.
Queremos irvos contando por partes, así que estade atentos e  antentas ao longo destas vacacións ao blog que iremos colgando as difrentes aventuriñas.

Hoxe queremos amosarvos algunha cousiña da  parte plástica.

Cada Nadal facemos varias postais para felicitar ás nosas familias, aos nosos compañeiros e compañeiras, e  ao persoal de cociña e administración (este ano non está Ana que acaba de ter un bebé e fixémoslla a Lola). 
Empregamos para todas as postais e adornos dos corredores material de refugallo. Como este ano o proxecto solidario no que participamos xiraba en torno á recollida de alimentos, acordamos utilizar materias relacionados con este tema. A verdade é que cada ano lle atopamos máis posibilidades ao segundo uso dos materiais.
facendpostais

Os nenos e nenas da clase das Bolboretas (1º ei) utilizamos café, azucre, lentellas e papel das ofertas para facer estas boliñas de nadal na súa postal. Na clase das arañas fixemos dous modelos de árbores de nadal con papeis das ofertas do súper e as Águias empregaron o mesmo papel enrrugado para facer estas boliñas
 con maís volume.

postais 1º 2º ei
postais 2º ei
    A Macu, Cristina e Néstor fíxolles moita ilusión recibir a nosa postal, mirade,mirade: 
postal cociña
postais 1º ep
 Os nenos e nenas de 1º de primaria tamén recreamos unha árbore empregando roliños de papel das ofertas e de base unhas tarxetas de publicidade con este azul tan bonito  
 E 2º Ep utilizamos as blondas de adornar os platos e outros materias de refugallo que cada un fomos aportando dende as nosas casas para un modelo e fixemos tamén unnha árbore de nadal para a outra postal de intercambio cos compis.
postais 2º ep
postal 2º ep 1

Ademais da arte máis artística, despois cada un de nós escrebe a mensaxe por detrás.
Hai un momento no venres que é moi moi especial: o intercambio de postais entre diferentes aulas, no que participan todos os rapaces e rapazas do cole dende 3 anos ata 2º de bac. É do máis emocionante xa que se trata de ir á porta das aulas moi moi amodiño para que non se decaten da nosa presenza, metelas por debaixo da porta e ...petar con forza nela para saír correndo e ninguén nos vexa. É un momento xenial!!! Como tamén xenial é  estar na aula e ir recibindo as postais co noso nome!!

Os nenos e nenas da clase das Águias escribimos unha postal máis este ano; unha postal moi especial para respostar á que recibimos do noso amigo Samuel que vive en Verín e segue a acordarse moito de nós...e nós
  del.
postal samuel
 
Os nenos e nenas de EI facemos tamén as nosas bolsiñas para levar os traballos á casa. En 1º EI reutilizando retallos de teas e en 2º e 3º ei este ano reconvertimos camisetas en bolsiñas despois de darlles sun toque de cor. Mirade como as tinguimos:
tinguido
Tamén quixemos inspirar a nosa decoración da entrada no tema do proxecto solidario no que como xa vos contamos s colaboramos coa Asociación de veciños, comerciantes e industriais da Milagrosa na recollida de roupa, alimentos e xoguetes.

De aí que decidiramos poñer aos nosos reis magos (inspirados no artista Giuseppe Acimboldo) traendo alimentos a Lugo, coa nosa prezada Mosquera. A muralla fixémola con caixas de cartón e cubrímola con pedriñas feitas cos folletos das ofertas do súper.
O collage de fondo tamén está feito co mesmo material polos nenos e nenas máis maiores.
muralla
entrada
E grazas á colaboración de todos e todas  moitas familias este Nadal estarán un chisco máis fellices. Moitas grazas!!
recollida

Xa como colofón final desta longuísima entrada queremos amosarvos os xoguetes que en infantil fixemos a partir de cousas que inicialmente iban ao lixo: Os Robots de 1º ei, os coches de 2º ei e os Tres en LIña de 3º EI.
Quedaron tan chulos que entendimos e compartimos a creenza de que non é preciso mercar cousas para
 poder xogar.
robots
tres en liña

coches 2
 Pois isto é todo por hoxe. Seguide con atención as novas!!! ahi moito que conatr!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!