24 de diciembre de 2013

Así foi o Nadal 2013, 2ª parte: O Apalpador

Como xa ven acontecendo hai uns anos, por estas datas do Nadal baixa das devesas do Courel un home que ten tantos anos xa...que ninguén sabe cantos ten. Un home de montaña, barrrigudo e con moita barba que viste zocos e boina para protexerse da neve silandeira e que trae na boca sempre unha cachimba para acordar que non debe de fumar. E por suposto, trae con el un fol cheíño de castañas para repartir entre os nenos e nenas de toda Galicia despois de apalparlles, con moito agarimo, as súas barriguiñas para ver se están mantidos.

Pois esta pesonaxe tan agarimosa e graciosa no seu falar, veu o Venres visitarnos ao cole. Charlamos un ratiño con el e pareceunos un home do máis gracioso que nos contou que na súa terra, O Courel, á neve  chámanlle a mosca branca.
apalpabarrigas 1

Despois apalpounos as barriguiñas para preparar os seus agasallos feitos a man por el mesmo e traelos a noite antes de Nadal e deixalos agochados polos recunchos das nosas casas.....que ilusión!! teremos que buscalos e será como un xogo!
apalpabarrigas 1
apalpabarrigas 2
 
Gustounos moito compartir un anaquiño de mañá con el e despedímonos ata o vindeiro Nadal esperando que chegue a noite do Apalpadoiro na que temos que estar durmidos para que entre a vernos.
Bueno, antes de despedirnos tivemos que axudarlle a erguerse da cadeira xa que os seus....tantos anos!!! fan que non estea moi áxil.
apalpador 2

E vós...estades emocionados??? Esta noite é a noite do Apalpador, así que xa sabedes, enchede as barriguiñas e deitádevos cedo para que cando o sol se levante atopedes castaniñas asadas nas mesiñas de noite e algún agasallo agochado pola casa!!!

Se queredes ler mási información sobre esta personaxe ademais do enlace que tendes na coluna da esquerda podedes visitar:

Video : a ver se sabedes onde fixo este  moderno video...

Feliz Noite e Feliz día de Nadal!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!