17 de junio de 2014

Visitas de Iria e Alberto, mamá e papá de Celtia

Olaaaa! Aquí estamos de novo a Clase das Águias para amosarvos as fotos das visitas, que coma sempre interesantes e cheas de ilusións, nos fixeron Iria e Alberto, os papás de Celtia.
A primeira visita foi a de Iria, que veu colaborar cun proxecto no que participaba todo o cole ao redor do Consumo Responsable e que en infantil traballamos a través da Reciclaxe.

No cole estamos sempre a traballar temas transversais como o coidado do medio ambiente, o aforro de enerxía... e moi implicados e concienciados con todo o que isto conleva. Consideramos que as tres R: reducir (o consumo), reutilizar (do que consumimos) e reciclar son moi importantes para facer un mundo sostible e coidalo e cremos que o mellor lugar para comezar é cos nenos e nenas, o noso futuro.

 Xa dende infantil reutilizamos e reciclamos, por isto tiñamos moita información, pero Iria aclarounos moitas dúbidas á hora de reciclar fóra da cole. Así, explicounos que cousas ían en cada contenedor e entre todos e todas fomos practicando a reciclaxe de moi diversos produtos...
Aquí vos amosamos o que foi a primeira parte da visita, a explicación na aula... Mirade o atentos e atentas que estivemos!!!
No contenedor amarelo tiramos todo tipo de envases, dende latas ata botellas de plástico.

Visita Iria Reciclaxe 2
No contenedor verde claro (o que ten forma de campá) tiramos o vidro.

No contenedor verde escuro ou negro tiramos os restos de comida, servilletas usadas, cueiros...

Visita Iria Reciclaxe 4
    E no contenedor azul tiramos o papel e o cartón.

Depois de repasar e incorporar novos coñecementos decidimos poñelos en práctica e amosar tooodo o que asimilamos... pero dun xeito moi moi divertido que nos propuxo Iria: dividímonos en dous grupos e comezou o xogo. Cada un de nós tiña un número e cando Iria o dicía tiñan que sair os nenos e nenas dese número (un de cada grupo) e correr para coller o obxecto a reciclar e levalo ao contenedor correspondente do seu grupo, pero mellor que contalo é que o vexades... 
Visita Iria Reciclaxe 5
Visita Iria Reciclaxe 6
Visita Iria Reciclaxe 7
Visita Iria Reciclaxe 8
  Xa vedes o ben que o pasamos... a reciclaxe pode ser emocionante e divertidísima!!! 

E chegou unha nova sorpresa despois duns días: Alberto, o papá de Celtia cunha colaboración moi orixinal relacionada co seu traballo... amosounos os segredos do cemento!
Trouxo diversos materiais cos que se elabora e foinos explicando paso a paso como se consegue, pero no cole non tiñamos as ferramentas precisas para facelo así que... Alberto empregou a maxia!
O primeiro paso: as luvas, para protexer as mans e logo comezamos!
 O cemento elabórase con caliza e arcilla calcinadas e moídas e nós metiamos os materiais dentro duns botes, abaneamooooos e... saían moídas! Mirade, mirade!!!
Visita Alberto 1

Estas rochas moídas e misturadas denomínanse clinker. E cando ao clinker se lle engade o xeso é cando obtemos o cemento!

Visita Alberto 2

O cemento misturado con area, grava e auga transfórmase no que denominados formigón, que é o que nós empregamos para contruir casas, pontes e outras estruturas!

Visita Alberto 4
visita Alberto 5

 Tamén nos abraiamos ao descubrir que hai distintos tipos de cemento, que se empregan en función do que precisemos, por exemplo... sabiades que hai un cemento especial para a auga??? Alberto tróuxonos uns debuxos, cada un dos cales ía asociado a un cemento en función das súas cualidades e utilidades! Aquí volos amosamos...
 Un cemento moooooi forte e outro que serve para todo!

Visita Alberto 7
 Un cemento para construcións na auga e outro que é moi rápido e seca deseguida!

Por último, Alberto explicounos nun debuxo cal é o proceso para calcinar os materiais e o enoooormes que son o forno e o muíño, ferramentas precisas para facelo! 

Visita Alberto 9
  
 A verdade é que foron dúas visitas moi diversas, entretidas e prácticas nas que aprendimos un montón de cousas experimentando, manipulando e descubrindo pequenas cousiñas do mundo que nos rodea!
Moitísimas grazas Iria e Alberto pola vosa gran colaboración e esforzo e por facernos taaaan especiais e entretidas as vosas visitas! 

Biquiños mil para todos e todas da Clase das Águias!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!