29 de junio de 2014

Conto coa mamá de Julián

Como vedes, aínda que o cole xa rematou aquí seguimos contándovos todas as cousiñas que fomos vivindo neste último mes de Xuño, un mes cheísimo de emocións e aventuras.

Un xoves á tardiña tivemos a sorte de recibir a visita de Ana, a mamá de Julián da clase das Arañas, que veu a compratir con nós un conto que xa lle contaba a ela o seu avó. É un conto deses que se conta sen ler un libro, un deses contos nos que con só escoitar e mirara para a contadora xa podiamos imaxinar unha chea de cousas. E a verdade é que este tradición oral, tan rica, que pasa de xeracións en xeracións non podemos deixar que morra, pois é un tesouro dos máis valiosos que podemos rescatar.
Mamá Julián 1
A nós encantounos esa historia do Fraile Frailón, na que os protagonistas eran a propia familia de Julián e tiña un aquel de misterio e algo de....sustos!! que nos fixeron pasar unha tarde moi entretida e intrigante.

Despois de ler o conto xogamos con Ana a rifar as mans e...agarrarnos as orellas!!! ata que todos e todas quedamos unidos polas orellas-mans para ter que levantarnos sen soltar...que divertido, canto rimos!!

Grazas Ana  pasámolo xenial!!

Mamá Julián 2 
Mamá Julián3

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!