5 de junio de 2014

Saída Garabullos Mércores 28 de maio


Ola a todos e todas!!!
 Traemos moitas novidades que contarvos, xa que a pasada semana vivimos moitas experiencias novidosas e emocionantes... fomos de excursión tres días a Garabullos, unha granxa escola que está moi preto do cole, en Cospeito.  Iremos contándovos as nosas vivencias alí en varias entradas no blog.

 Ao longo de todo o curso tivemos moitas saídas e visitas, pero esta foi mooooi diferente porque durmimos fóra da casa sen papá e mamá, porque estivemos en contacto coa natureza e os animais, nun entorno rural que, en xeral, é diferente ao que nos rodea habitualmente e porque, en definitiva, tivemos que ser moi moi maiores para lembrarnos e responsabilizarnos en todo momento das nosas cousas, tarefas e rutinas.
 E sabedes que?...... Obxectivos cumpridos!!!
 Fixémolo xenial, aprendemos un montón de cousas, aumentamos a nosa autonomía, adaptámonos ás normas e rutinas do novo entorno, fixémonos responsables dos animais da granxa e todo isto pasándoo xenial... pero será mellor que vos ensinemos o ben que o fixemos, así que aquí vos deixamos as fotos do noso primeiro día en Garabullos!

O mércores saímos do cole un pouquiño tristes e nerviosas /os por despedirnor das nosas familias, pero pouco a pouco esa peniña foi substituída polo entusiasmo e a ilusión coa que partimos en busca de aventuras!!!




Saída Garabullos 3m

Chegamos a Garabullos e contáronnos unha fascinante historia: a historia do "Trasno Pit" e a "Meiga da Lagoa".
Conta como Pit, un trasno que vive na fraga de Garabullos, un día se perde polo bosque e a Meiga ofrécese a axudalo a cambio de que el lle faga un pan todos os días. Así que Pit ten que aprender a sementar, moer, amasar e facer un forno para cocer o pan que finalmente queda... ¡riquísimo!.

Pero como Pit traballou moito tiña moito trigo de sobra e invitou a vir a Garabullos a un montón de animais cos que xogar e pasalo en grande. Máis tarde tamén pediu axuda a todos os nenos e nenas para traballar na granxa.

Saída Garabullos 4m

Tamén escoitamos outra inquietante historia que nos contou o principal protagonista, Lume: Lume é un dragón enfeitizado convertido en persoa pola Meiga, que cando se enterou de que Lume e máis o seu irmán Fume axudaran a Pit nas tarefas da granxa usando a maxia, enfadouse moito (descubriuno ao probar un pan cocido con lume de dragón e non no forno). Por isto converteu a Lume en persoa e a Fume noutro animal, pero Lume non sabe en que animal porque agora non ten a capacidade de falar con outras especies, pero escoitou dicir que os nenos e nenas sí teñen esa capacidade e pídelles axuda para comunicarse co seu irmán e volverse a ver.
Deunos peniña que Lume e Fume estivesen separados, así que  propuxémonos atopalo!

 Ao rematar a historia de Lume coñecimos aos monitores e monitoras que nos  acompañarían estes tres días: Judith, Manu, Edu e Alba, e ás rapazas da casa: Patri e Yoli, que nos fixeron unhas comidas riquísimas. Todos e todas fixeron que esta experiencia fose divertida e que nos sentísemos coma na casa.
 Logo das presentacións, almorzamos...

Saída Garabullos 5m

 e saímos dar un paseo para coñecer o entorno taaan fermoso da granxa.



Visitamos as instalacións nas que atopamos cabras, ocas, burro, eguas, coellos, galiñas... e tres preciosos cans: Nona, Breda e Cheiro, cos que fixemos moi boas migas e pasamos os tres días agasallándoos con moitos mimos. Logo das presentacións iniciamos as nosas tarefas dándolles de comer... 



Seguimos o paseo, e paseando... paseando... non vos podedes imaxinar o que atopamos, mirade!


Pois sí, unha egua e a súa cría que nos ENCANTARON! Bueno, que vos imos dicir... chega con ver as nosas cariñas de ledicia!


  Logo de tanto exercicio xa apetecía un descanso. Ademais os nosos estómagos xa estaban ruxiiindo de fame! Ah, tamén aprendimos unha cantinela para pedir que a comida "veña" a nós:

Benedichi dichi dichi, comida tachún tachún tachún,
 benediiiichi, benediiiiichi;
 benedichi dichi dichi comida tachún tachún tachún; 
A comer a comer a comer;
 Teño fame;
 Eu tamén;
 Que aproveite;
 Igualmente... 
Graaaaaaaazas!!!

Mmmmm logo dun merecido descanso e dunha exquisita comida, adiviñades que nos apeteceu facer???
Pois xogar a diversos xogos de habilidade e cooperación nos que seguimos a desenvolver as nosas destrezas con moita diversión.




Saída Garabullos 15m

Despois de tanto xogo e diversión... toca cociñar galletas!!! Medimos, mesturamos, amasamos e coma sempre... probamos!!!
 A verdade? : as galletas quedaron riquííííísimas e as nosas caras... as duns auténticos cociñeiros e cociñeiras!




  Deixamos as galletas no forno e como ´´e propio na  granxa á tardiña, toca darlles a cea aos animais e recoller as galiñas porque pode vir o raposo e ñam ñam! 




Aquí rematou o noso primeiro día de excursión, pero isto non foi todo! Seguide atentos e atentas ao blog porque durante estes días iremos subindo as fotos do xoves e o venres!!! Agardamos que gocedes véndoas tanto coma nós!

Biquiños das Águias e dos nenos e nenas de 1ºEP!

2 comentarios:

  1. que sorte teñenos nosos nenos e nenas de poder vivir experiencias como estas en entornos rurais e en contacto coa natureza!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sí, a verdade é que vivimos nun entorno moi fermoso e sano, moi beneficioso para todos e todas e consideramos moi importante aprender a valoralo e coidalo dende ben pequeniños! E a isto engadir o ben que o pasamos (mestras incluidas)!!!

      Eliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!