9 de junio de 2014

Saída Garabullos, xoves 29 de maio

Ola!!! Como prometemos, aquí vos deixamos a entrada do segundo día das Águias e 1º EP na Granxa-Escola Garabullos. 
Levantámonos ben cediño, logo de pasar unha boa noite de descanso moi merecida e preparámonos, abrigándonos moito xa que o día non acompañou os nosos ánimos. Comezamos cun bo almorzo con zume, leite, galletas, cereais, torradas... para coller forzas...

Saída Garabullos 1x

 Ao rematar o almorzo dispuxémonos a cociñar unha exquisita pizza para o xantar e... dada a nosa dilatada experiencia foi coser e cantar.

Saída Garabullos 2x

A pizza quedou non forno e nós mentres aproveitamos que chovía pouquiño para saír ao porche a xogar e darlles uns mimos aos cans e ocas que estaban tamén gorecéndose da choiva.

Saída Garabullos 3x


E chegou a hora de comer... coma sempre canción para comezar e "a mangare"!

Saída Garabullos 4x


Coas barriguiñas cheas algúns e algunhas de nós fomos durmir unha pequena sesta mentres os demais quedamos a xogar a diversos xogos: lóxica-matemática, construcións, puzzles, baralla... todo vale para pasar unha tarde de choiva acarón do lume...



Saída Garabullos 6x
 
Saída Garabullos 7x

Pola tardiña puxémonos mans á obra con outro obradoiro no que elaboramos ambientadores totamente naturais con herbas e flores que fomos recoller polos arredores da casa. Precisamos: vaso de iogur (reutilizado), recortes sobrantes de teas, cordeis e flores e prantas aromáticas.
O primeiro paso é decorar papel para pegar arredor do vaso de iogur e que quede máis bonito. Logo metemos as flores e follas, tapamos coa tea, cerramos cos cordeis e... ambientadores feitos!
 Parece moi sinxelo, pero hai que ter arte e nós temos moita!


Saída Garabullos 9x
 

Saída Garabullos 10x

Unha vez rematados os ambientadores e cun arrecendo moi agradable no ambiente, chegou o momento de bailar e cantar, mirade que ritmo temos... aínda que as fotos non nos fan xustiza! 

Saída Garabullos 11x

 E por fin... parou de chover! Á carreira preparámonos con botas de auga e abrigos para aproveitar e xogar un anaco fóra antes de que anoitecese. 

Saída Garabullos 12x

Coma sempre foron xogos cooperativos nos que a única finalidade foi a de pasalo moi ben e facer exercicio, queimando toda esa enerxía que, como  sabedes, temos de sobra. 

Saída Garabullos 13x

 Grrrrr os nosos bandulliños  pedían comida logo de tanto exercicio físico polo que... a ducharnos e poñernos guapísimos e guapísimas para a festa e.. A CEAAAAAAAR!!!
 Esta cea era moi especial para nós, primeiro porque comimos a pizza que fixemos  e segundo porque era a derradeira cea en Garabullos e o preludio da festa que nos agardaba máis tarde! Estabamos moi impacientes xa que nos encanta a pizza, e máis se a facemos nós, que neeervios!
Gustarialles aos monitores e mestras? Agardamos que sí porque a elaboramos con moito agarimo! Mirade que pintazaaaa! 

Saída Garabullos 16x

Saída Garabullos 14x

 Unha das pizzas era de polo con mazá e a outra: xamón cocido con champiñóns mmmmmm riquíííísimas!

Saída Garabullos 15x

 Fíxose de noite en Garabullos e comezou a festa, mirade o ben que o pasamos bailando, cantando e xogando!


 
Saída Garabullos 19x
 
A nosa festa foi taaaan xenial que tivemos dende nenos e nenas moi acicalados e guapos  até Spide-Mans, romanos e bailarinas! 


Saída Garabullos 21x

 Uooooaaaai que soniño máis rico nos foi entrando conforme fomos esgotando as enerxías que nos quedaban logo de pasar outro longo e divertido día en Garabullos!
Pouco a pouco fómonos deitando e caendo nos brazos de Morfeo... así que aquí vos deixamos até a vindeira e derradeira entrada do que foi a nosa saída.
Biquiños para todos e todas das Águias e os nenos e nenas de 1º EP!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!