11 de junio de 2014

Saída Garabullos, Venres 30 de Maio


Ola a todos e todas! O prometido é débeda... aquí vos amosamos o que foi o noso derradeiro día en Garabullos. 
O primeiriño de todo... un saudable e completo almorzo para repoñer as forzas despois da divertida pero extenuante festa do día anterior.
Saída Garabullos 1v

Unha vez cargadas as pilas dispuxémonos a dar de comer aos animais, tarefa que descubrimos é moi gratificante, ademais de conlevar moita moita responsabilidade o feito de ter animais ao noso cargo! Tamén aproveitamos para despedirnos deles!
Saída Garabullos 2v
Saída Garabullos 3v
Saída Garabullos 4v
Saída Garabullos 5v
Saída Garabullos 6v
Saída Garabullos 7v
Logo de cumprir coas nosas responsabilidades chegou outro momento co que gozamos moitísimo, chegou a hora de XOGAAAAR!!!
 Fixemos dous grupos: o equipo vermello e o amarelo e realizamos diversos xogos de habilidade, estratexia, velocidade, relevos e moito moito compañeirismo! Mirade que beeeeen o pasamos!!! 
 Comezamos coas carreiras de sacos, síííí, semella moi sinxelo pero... ten o seu aquel!!!
Saída Garabullos 8v
Saída Garabullos 9v
Hai que ser moi hábiles e moi importante: manter o equilibrio!

Fomos malabaristas-equilibristas e paseamos os ovos por tooooda a granxa! 

Saída Garabullos 11v
Fixemos carreiras de relevos nas que a atención e a colaboración son taaan importantes!

Saída Garabullos 13v
 E ate nos convertemos en carretillas, participando por parellas... 

Non fai falla que vos digamos o divertidísimo que foi, é dabondo con vernos nas fotos! 

Saída Garabullos 16v

Semella que a Meiga da Lagoa fixo das súas xa que... de súpeto  medráronnos unhas loooongas colas que, por equipos, tivemos que ir quitándonos!

Saída Garabullos 18v
Saída Garabullos 19v
 Uffff despois de tanto exercicio xa tiñamos famiña, así que... A COMER, A COMER, A COMER!!! 

Saída Garabullos 20v
 Mmmmmm que rica estaba!
Ao rematar recollemos todas as nosas cousas e despedímonos de todos e todas. Custounos un pouquiño porque foron tres días moi moi intensos, cheos de emocións e grandes experiencias... e deunos pena dicir adeus, tanto aos monitores e monitoras coma aos animais que tanta compaña e agarimo nos deron!
Por isto, porque nos sentimos moi ben acollidos e coma na casa, gustaríanos dar as grazas a Judit, Manu, Alba, Edu, Yoli e Patri, que compartiron con nós o seu fermoso lar!

Oooooohhhhhh vaia sorpresa nos agardou ao irnos, cando xa estabamos arrancando no bus apareceron a Meiga da Lagoa e Lume para despedirse de nós!

E o máis fermoso e abraiante é que chegamos convencidos de que en Garabullos a maxia existe, ao igual que no cole, e que TODO pode pasar! Mirade, mirade, así vedes como son!
Seguimos no bus, rumbo a Galén, desexando atoparnos cos nosos papás e mamás, aos que taaaanto botamos de menos e cos que desexabamos compartir todo o que vivimos e compartimos na nosa saída... sobre todo amosarlles o maiores que somos e o BEN que o fixemos!!!

Mirade que cariñas máis lindas e cansas traiamos no bus de volta!  

Saída Garabullos 22v
Saída Garabullos 23v
Saída Garabullos 24v
  Agardamos que estas fotos reflictan, dalgún xeito, os momentos e experiencias vividas e todas as emocións que sentimos e que nos deixaron esgotados pero moi moi satisfeitos e contentos!

Biquiños mil das Águias e dos nenos e nenas de 1º EP!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!