4 de diciembre de 2013

O muíño de Sarria

O martes da semana pasada os nenos e nenas de segundo de primaria fomos ao muíño de Sarria. Alí esperábannos, sempre cariñosos, Ana e Leandro que dende hai moitos anos son os muiñeiros.


foto 1


O primeiro que fixemos foi entregarlles o noso trigo, tres ferrados. Axiña a moa se puxo a moer e o tarabelo a soar. Explicounos Elia que o ritmo da muiñeira ten a súa orixe nese son e que empezou a bailarse arredor dos muíños cando os mozos e mozas se reunían esperando a moenda. Vimos como se separaba a fariña do farelo grazas a unha enorme peneira. 
Encantounos que Leandro nos contase como intentaba manter aquel muíño que tiña máis de 500 anos e como se cambiaba a moa cando se deterioraba ou estaba demasiada limada. Sorprendeunos tamén cando nos explicou que nos muíños había un "Inferno". Axiña nolo ensinou e vimos que alí estaba o rodicio que era horizontal, como os dos muíños máis antigos. Ulimos, sentimos, vimos.. como se facían nubes de fariña que o cubrían todo...


foto 4-4
foto 5-5
 

Logo saímos a ver a presa e o caneiro do río. Ana indicounos o sitio por onde se aliviaba a auga cando había crecidas e o ben que se tallaban antes as pedras para que a erosión as afectase o mínimo.


foto 6-6

Ana, ademais, presentounos ao seu cadelo pequeno. Dábanlle un pouco de medo os nenos pero deixounos que o acariñaramos.
 Pasámolo tan ben que non queriamos marchar!! así que tras darlles un biscoito, que sabemos que lle gustan moito a Leandro, decidimos ir comer e despois volver buscar a nosa fariña recén moída.

foto 7


 Paseamos pola beira do Oribio observando como a auga que o muíño utilizaba volvía de novo, TODA!!, ao río, ata chegar a un parque con bambáns.
Puidemos observar gansas, parrulos, árbores... Xantamos, xogamos e gozamos moito dun día moi soleado. Xa de regreso ao Cole, coa nosa fariña, recordamos o ben que o pasaramos e a sorte que tiveramos de encontrar unha amiga e un amigo tan especiais como eran Leandro e Ana.




foto 8 -8
foto 9-9
 

Ao día seguinte, xa en Galén, nos puxemos mans á masa e fixemos pan. Amasamos, deixamos
repousar e enfornamos. Saíronnos uns boliños preciosos e aínda que lles faltaba un pouquiño de sal comémolos todos.


foto 10-10
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!