6 de mayo de 2013

Robby & Marcos!

Hi everyone!

Como xa sabedes, Robby pasou un día con Marcos,da clase das fadas e a súa familia. Pasouno xenial. Ducháronse, xogaron, cearon, leron un conto e marcharon durmir. Pola mañá tocou erguerse, almorzar e prepararse para volver ao cole e compartir cos compañeiros e compañeiras todas as aventuras que pasaron xuntos. 
Robby contoume que o pasaran pipa e ...non me sorprende!. Encántanlle os nenos e nenas e pasar o maior tempo con eles. 
A continuación podedes ver as fotos que sacaron desta fabulosa aventura.
Grazas familia por compartir eses momentos tan doces con todos nós!



Marcos & Robby with Paula after shower
Ducha...


Marcos & Robby relaxing
... momento de relax...


Marcos & Robby dinner time
... hora de cear...


Marcos & Robby story and bedtime
... toca conto...


Marcos & Robby sleeping
... xa durmidiños...


Marcos & Robby wakie wakie
... riiiiing! Hora de se levantar...


Marcos & Robby having breakfast
... un delicioso almorzo e...


Marcos, Robby & Paula off to school
... listos para ir ao cole!


3 de mayo de 2013

Sementando Trigo co papá de Claudia


Os nenos e as nenas de 1º de EP tivemos unha visita moi especial,  Alberto o papá de Claudia.
 Explicounos moitas cousas sobre o trigo e tamén como se sementaba. 

foto 1


Primeiro traballou a terra coa fresadora, que ten unha coitelas que hai que afiar de cando en vez para que corten ben e trituren as herbas e ademais remoban a terra. Despois buscamos un lugar no horto ben soleado. Alberto díxonos que tardaría uns dez días en nacer. 
E por último,collemos un puñado de trigo e sementámolo. Non é difícil, só hai que repartilo ben para que medre  forte. 
 Entre todos e todas vimos a importancia que ten o traballo dos agricultores e agricultoras para que teñamos produtos cos que poder alimentarnos ben.


colage 2


Pasámolo moi ben. Moitas grazas.

1 de mayo de 2013

Contos con Yoli a mamá de Adri R.

Estas últimas semanas a Clase das Fadas temos moitas colaboracións e sorpresas e como vos imaxinades... estamos moi contentos e espectantes.
Coincidindo coa semana do libro, o venres  veunos visitar Yoli, a nai de Adri R con unha xenial sorpresa!: un teatro impresionante con moitas personaxes para que fosen elas as que nos  contasen  varios contos.

collage1


E así comenzou o espectáculo co conto "Os tres porquiños" e as súas  marabillosas casiñas ...e un feroz loboooooo.... que daba moito medo. Que atentos e atentas estivemos!

Despois,  para a nosa sorpresa,  apareceu tamén  unha familia moi peculiar...


Collage2

Non sabedes o ben que o fixo Yoli e as ganas que tiñamos de ver moitos contos nese gran teatro.
A verdade é que nos chegou a pouco.


Collage3


Así que Yoli veu moi preparada e sacou dunha gran bolsa dous libros con contos moi especiais. Un dunha vaca que poñia ovos e outro sobre o moito que nos queremos.
 Estivemos moi quietiños  e coas orellas moi, moi  abertas.


  Collage4


E xa para rematar esta colaboración Yoli e as súas marionetas aínda gradaban unha sorpresa máis para nós.... unhas chocolatinas, que estaban mmmmmmm riquísimas.


Collage5


Moitas grazas Yoli!!!!!
Esperamos que volvas e sigas contandonos contos tan marabillosos.
 Para nós foi unha tarde moi especial nunha semana moi especial como a semana do libro.
Un bico moi grande de A Clase das Fadas.

27 de abril de 2013

Patch & Álvaro!

Boas!

Ai que ben o pasou Patch con Álvaro esta semana! Como xa sabedes, os nosos amiguiños Robby e Patch están a visitar os fogares e a compartir un día cos nenos e nenas de 1º de E.I., e...
como nos gusta!
Deixámosvos as fotos, que din máis que moitas palabras, para que comprobedes o ben que o pasaron os dous.
Xa sabedes, animádevos a participar sacando fotos desta fabulosa aventura!


Álvaro & Patch riding the bike 1
Montando en bici...


Álvaro & Patch in the slide 1
Baixando polo tobogán...


Álvaro & Patch having a snack 1
Merendando...


Álvaro & Patch reading 1
Lendo un conto...


Álvaro & Patch playing with the board 1
Xogando...


Álvaro & Patch sleeping 1
... e durmindo!

26 de abril de 2013

Xornadas Escoita Activa

Girl listening with her hand on an ear

 Esta entradiña vai dirixida especialmente aos papás e mamás. 
Como sabedes en Galén a participación e colaboración coas familias é moi importante e, un curso máis, no mes de maio ofertan unhas xornadas de formación para familias e docentes que leva por título "Escoita Activa" coa psicóloga e terapeuta Isabel Fuster Rapezza.

 O Obradoiro ten como obxectivo principal ensinarnos a escoitar o esencial, o que realmente sentimos que é significativo,a expresarnos apropiadamente e tamén, como adultos, a axudar aos nenos e nenas a que poidan contactar, identificar expesar e resolver as súas emocións. 
 Tamén tomaremos tempo para detectar e solucionar as interferencias emocionais dos interlocutores adultos e rapaces/as que levan a interpretacións equivocadas e tomas de decisión inapropiadas, desviando ao adulto do seu rol de pai/nai ou educador/a e causando dano na expresividade natural do neno/a e nos niveis de confianza.
 O Obradoiro desenvolverase no cole os días 11 e 12 de maio en horario de 10 a 14 h e 15:30 a 20:00 h o sábado, e o domingo de 10 a 14hrs. 
Animádevos a asisitir porque é moi moi interesante.
 Se precisades máis información non dubidedes preguntar no cole. 
Esperámosvos!!