Mostrando entradas con la etiqueta formación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta formación. Mostrar todas las entradas

9 de abril de 2014

Formación para familias e docentes

Dende o cole queremos convidarvos, ás familias e outras lectoras/es deste blog, a participar nas xornadas de formación que terán lugar os vindeiros 26 e 27 de abril no noso centro.

Despois do éxito das xornadas do ano pasado con Isabel Fuster este ano contamos de novo con ela e ofertamos un obradoiro que leva por título: 
 Educación emocional. Saber acompañar e nutrir as necesidades emocionais na infancia e adolescencia.




Isabel Fuster Rapezza é  licenciada en psicoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid e psicoterapeuta con formación jungiana, humanista e sistémica, titulada como especialista de constelacións familiares e en pedagoxia do abrazo de vinculación". Exerce como psicoterapeuta e ademais é profesora de formación contínua do profesorado. Podedes recabar máis información na súa páxina .
Un dos obxectivos do curso será coñecer e profundar nas necesidades vitais e emocionais de nenos e nenas e adolescentes onde educadores e educadoras xogan un papel importante e ineludible.
 


O Obradoiro desenvolverase nas instalación de Galén Centro Educativo os días 26 e 27 de abril  en horario de 10 a 14 h  e 15:30 a 20:00 h  o sábado,  e o domingo de 10 a 14hrs.

                O prezo do obradoiro é de 45 € con café e algo de picar incluído.

                Data límite de inscrición: 15 de abril

Se vos animades a participar podedes contactar co cole ou ben a través da dirección de correo: curso@centrogalen.com.

 

26 de abril de 2013

Xornadas Escoita Activa

Girl listening with her hand on an ear

 Esta entradiña vai dirixida especialmente aos papás e mamás. 
Como sabedes en Galén a participación e colaboración coas familias é moi importante e, un curso máis, no mes de maio ofertan unhas xornadas de formación para familias e docentes que leva por título "Escoita Activa" coa psicóloga e terapeuta Isabel Fuster Rapezza.

 O Obradoiro ten como obxectivo principal ensinarnos a escoitar o esencial, o que realmente sentimos que é significativo,a expresarnos apropiadamente e tamén, como adultos, a axudar aos nenos e nenas a que poidan contactar, identificar expesar e resolver as súas emocións. 
 Tamén tomaremos tempo para detectar e solucionar as interferencias emocionais dos interlocutores adultos e rapaces/as que levan a interpretacións equivocadas e tomas de decisión inapropiadas, desviando ao adulto do seu rol de pai/nai ou educador/a e causando dano na expresividade natural do neno/a e nos niveis de confianza.
 O Obradoiro desenvolverase no cole os días 11 e 12 de maio en horario de 10 a 14 h e 15:30 a 20:00 h o sábado, e o domingo de 10 a 14hrs. 
Animádevos a asisitir porque é moi moi interesante.
 Se precisades máis información non dubidedes preguntar no cole. 
Esperámosvos!!

17 de enero de 2012

Os grandes ao cole....


....si, si desta volta tócavos a vós. Pero non só aos papás e mamás senón tamén aos profes.

Estamos a preparar unhas xornadas dirixidas ao profesorado de Educación Infantil, primeiro ciclo de primaria, profesionais da psicoloxía, pedagoxía e todos aqueles interesados e interesadas na educación e desenvolvemento dos máis pequenos e pequenas.
Terá lugar nas instalacións do cole entre o 24 e 26 de febreiro de 2012. Aínda quedan prazas!

A poñente do curso é Yolanda González Vara, psicóloga clínica, formadora en promoción da saúde e prevención infantil e autora do moi moi recomendable libro "Amar sin miedo a malcriar".
Podedes atopar máis información sobre ela aquí.

E para as familias teremos o sábado 24 de 18 a 20hrs un obradoiro teórico vivencial titulado "As emocións infantis e as nosas". Animádevos a vir que de seguro pode aportar moito á crianza dos vosos nenos e nenas. Haberá servizo de gardería!
O prazo de inscrición remata o 6 de febreiro pero non tardedes porque as prazas son limitadas. Pedide información no cole ou a través do teléfono 982 265205, ou en curso@centrogalen.com.

21 de noviembre de 2010

Aprender para educar

E como tamén os papás e mamás podedes aprender moitas cousas coma nós, informámosvos das conferencias para familias organizadas pola Asociación sociopedagóxica Galega e a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.
Este tipo de actividades poden aportarvos ás familias ferramentas e sobre todo momentos de reflexión sobre a maneira de educar e convivir cos vosos fillos e fillas nos diferentes momentos do seu desenvolvemento.
Ao longo do curso irémosvos informando da oferta cultural, educativa e de ocio na nosa comunidade.

Galén non coñece de anteman o contido das diferente ofertas e por elo non garante que as mesmas vaian en liña co noso Proxecto Educativo.

http://www.scribd.com/doc/43678448
enlace a google
http://www.scribd.com/doc/43678826
enlace a google