26 de abril de 2013

Xornadas Escoita Activa

Girl listening with her hand on an ear

 Esta entradiña vai dirixida especialmente aos papás e mamás. 
Como sabedes en Galén a participación e colaboración coas familias é moi importante e, un curso máis, no mes de maio ofertan unhas xornadas de formación para familias e docentes que leva por título "Escoita Activa" coa psicóloga e terapeuta Isabel Fuster Rapezza.

 O Obradoiro ten como obxectivo principal ensinarnos a escoitar o esencial, o que realmente sentimos que é significativo,a expresarnos apropiadamente e tamén, como adultos, a axudar aos nenos e nenas a que poidan contactar, identificar expesar e resolver as súas emocións. 
 Tamén tomaremos tempo para detectar e solucionar as interferencias emocionais dos interlocutores adultos e rapaces/as que levan a interpretacións equivocadas e tomas de decisión inapropiadas, desviando ao adulto do seu rol de pai/nai ou educador/a e causando dano na expresividade natural do neno/a e nos niveis de confianza.
 O Obradoiro desenvolverase no cole os días 11 e 12 de maio en horario de 10 a 14 h e 15:30 a 20:00 h o sábado, e o domingo de 10 a 14hrs. 
Animádevos a asisitir porque é moi moi interesante.
 Se precisades máis información non dubidedes preguntar no cole. 
Esperámosvos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!