20 de marzo de 2013

Almorzos saudables

O pasado venres as nenas e nenos de 1º e 2º de E.P., tivemos un almorzo especial. Pablo amosounos o importante que é almozar ben para obter enerxía para correr, pensar, xogar etc, etc.
Que é iso de almorzar ben?- preguntamos nós. Descubrimos que non era tomar bollería, senón, froitas, cereais, zumes, lácteos. Bueno, algún croissant de cando en vez non fai dano.

almorzos saúdables



Ademais de aprender moitas cousas tamén almorzamos. Na mesa había alimentos de moitas cores, mandarinas, plátanos, iogures, pan, cereais, leite, mel, realmente estaba moi bonita .. Probamos de todo e encantounos. Cando saímos ao patio iamos cheos de enerxía e con moitas ganas de xogar.



almorzos saudables 2




17 de marzo de 2013

Happy Ever After!

Hi everyone!

On Wednesday Primary 1 and 2 went to the theatre to watch the play "Happy Ever After" by Blue Mango Theatre. The adventures of a prince charming searching for a princess. Well yes, the princes' kiss did wake the sleeping beauty and they lived happily ever after... or did they not? Well, we witnessed the adventures of the unfortunate Prince Neville in his search for the princess he will love and marry. 

O mércores 1º e 2º de primaria fomos ao Auditorio Gustavo Freire a ver obra "Happy Ever After" de Blue Mango Theatre. As aventuras do príncipe azul na procura dunha princesa. Pois si, o bico do príncipe esperta á bela durminte e viven felices para sempre... ou non? Bueno, nós fomos testemuñas das aventuras do desafortunado Prince Neville na súa busca de atopar á princesa á que amar e coa que casar.

Audience



Prince Neville lives with his mother, the Queen. She is very persistent in him getting married with a true princess. He first meets the Princess who sleeps on seven mattresses with a pea hidden at the bottom, pea that produces her a backache. He doesn't love her. 

O Prince Neville vive coa súa nai, a Raíña. Ela é moi insistente en que case cunha princesa de verdade. En primeiro lugar coñece á princesa que dorme sobre sete colchóns que debaixo agachan un chícharo que lle produce dor de espalda. El non a ama.

Once upon a time...



The next princess he discovers is Rapunzel who lives in a castle, locked up by a nasty witch. He frees Rapunzel and even cuts a little bit her very long her, but... he does not love her either.

A seguinte princesa que coñece é Rapunzel que vive nun castelo, encerrada por unha malvada bruxa. El libéraa e mesmo lle corta un pouco da súa longuísima melena, mais... tampouco a ama.

Rapuntzel


After this, Snowhite appears in the scene and needs her seven dwarves. Our friend and classmate Emma volunteered and asked Snowhite to help her... She is the Doctor dwarf. "Hi ho, Hi ho, it's home from work we go..." But oh no... there comes the witch!

Logo disto, aparece en escea Branca de Neve  buscando  aos sete ananiños. A nosa amiga e compañeira Emma ofrécese voluntaria e pídelle a Branca de Neve poder axudala... Ela será a ananiña Doutor. "Hi ho, hi ho, it's home from work we go..." Pero oh non, aí vén a bruxa!

Snowhite and Emma


Finally, Prince Neville meets Snowhite after eating an apple poisouned by a terrible witch. He kisses her, she awakens and they both fall in love. He then askes her to marry him, she accepts... and they were happy ever after.

Finalmente, Prince Neville atópase con Branca de Neve despois de comer unha mazá envelenada por unha terrible bruxa. El bícaa, ela esperta e os dous namóranse. El logo pídelle matrimonio e ela acepta... e viven felices por sempre.

Happy ever after!



Once we left the theatre, Prince Neville came outside to take some pictures of all the audience that had seen him perform and we made a picture of him. How lucky!

Ao saír do auditorio, Prince Neville saiu para sacar fotos a todos os que fomos velo actuar e sacamos unha foto del sacádonos unha foto. Que suertudos!

Prince Neville

A primeira visita á aula das Fadas

Esta semana os nenos e nenas da clase das Fadas (1º EI) gozamos da compaña na aula da mama de Adri L., Conchi que veu a explicarnos o que fai no seu traballo e trouxonos unha sorpresa moi grande.
Estabamos moi emocionados/as porque era a primeira visita dunha familia á aula neste curso.

presentación

Con ela, construimos unha casa de cartón moi grande. Incluso lle fixemos unha porta e unha fiestra aínda qie ao principio non tiñamos moi claro que daquelas enormes caixas puideramos facer unha casa.


caixas... unha casa


puertas, ventanas...

Imaxinádevos como é, que podemos entrar en ela varias Fadas xuntas. Estamos moi ledos e ledas aí dentro.

Dentro da nosa casa

Como non nos deu tempo a construir a casa completa nin moito menos a decorala, quedounos moito traballo por facer. Pero estamos encantados de facelo pouco a pouco.Xa vos iremos contando como vai quedando...mentres tanto aí vos queda algunha foto para que vos fagades unha idea.

xa parece unha casa


A nosa casa

Moitos bicos da clase das Fadas.

14 de marzo de 2013

Proxecto O Corpo en 2º EP

As nenas e nenos de 2º de Educación Primaria estivemos a traballar no proxecto “O Corpo, o seus sistemas”. 
Aprendemos moito porque xa sabemos investigar moi ben. Todas e todos trouxemos materiais que nos deron moita información que despois fomos quen de interiorizar e sintetizar. 
 Tamén participaron algunhas nais e pais que nos axudaron a entender dun xeito científico e real o que significa o coidado do noso corpo e o seu funcionamento.  

 Carmen e Álvaro, mamá e papá de Carolina F, trouxeron dous aparellos respiratorios de leitóns.

corpo mar1
corpo mar 2
corpo mar 5
  Vimos, tocamos e analizamos o corazón, os pulmón, os alvéolos, a traquea e puidemos comprobar grazas a unha palliñas como eramos quen de facer inspiracións e expiracións tal como ocorre na realidade aos mamíferos. Comprobamos tamén a diferenza de textura do corazón e o pulmón e como este último, ao sumersirxe en auga, actuaba a modo de esponxa, aumentando o seu tamaño. Vimos a coagulación do sangue, a glote...

mar corpo
  
Tamén viñeron Elena e Miguel, nai e irmán de Nuria e puidemos apreciar o importante que é o coidado dos bebés, a súa alimentación, aseo, descanso…
bebe1
bebe 2
Fixemos moitas preguntas ao redor do nacemento, dos tipos de alimentación, do crecemento,… Miguel estivo moi tanquilo e deixouse facer e gozamos da súa presenza. 
 E nós como agradecemento agasallamos a Miguel con un contiño para que Nuria, como irmá maior, llo conte e  recorde este día no que participou por primeira vez nunha aula.
bebe 3
Como vedes non paramos, gozamos aprendendo e sabendo e cando todo isto se pode facer e compartir coa nosa familia é moito máis divertido.
Grazas a todas as familias pola vosa colaboración e participación nas aulas xa sabedes que para nós é moi importante e enriquecedor!!





9 de marzo de 2013

8 Marzo, Día Internacional da Muller

Os nenos e nenas de Infantil e primeiro ciclo de primaria queremos compartir con vós un pedaciño do proxecto que fixemos nas aulas ao redor das mulleres que para nós son máis importantes....e para todos e todas foron as nosas mamás!!

En todas as aulas fixemos reflexións acerca do papel das mulleres na sociedade e especialmente nas nosas vidas, limos contos con historias sobre nenas aventureiras que non queren ser princesas, elefantas que queren facer algo máis que ser rosas e comer flores, tartarugas que queren poder decidir sobre sí mesmas, colores que reclaman facer o que lles apetece etc...... e como non debuxamos e elaboramos agasallos para as nosas mulleres. Mirade, mirade:

As nenas e nenos de 1º de Infantil, a clase das Fadas, fixemos un debuxo das nosas mamás e unhas flores con materiais de refugallo para elas

mamas 1º
mamas 1º 2
flores 1º

mamas 1º 3

En 2º EI os leóns quixemos representar con plasti ás nosas mamás e facer estes fermosos cadros con material de refugallo:

mamas plasti
mamas plasti2

Na clase das sereas representamos as nosas casas e dentro ás persoas que vivimos nelas facendo as tarefas diarias. Reflexionamos acerca do reparto de tarefas na casa e da necesidade de responsabilizarse todos e todas nelas.



casas 4

Para que poidades volver a a ler con nós algúns dos contos que contamos nas aulas aquí vos deixamos akgúns dos contos sobre os que traballamos.

 As nenas e os nenos de 1º de EP estivemos reflexionando e preguntándonos se as mulleres participan en deportes como o fútbol, o baloncesto, a natación e por que na tele nunca saen.
Os nenos falamos de como nos gustaría que nos tratasen se fosemos nenas e as nenas o moito que nos molesta que nos digan que somos malas nalgúns xogos. 
E finalmente decidimos escribir sobre as mulleres importantes das nosas vidas, o que nos gusta delas e por que nos fan tan felices.

mila mural mila 4 mila 3 mila 2 mila 1
 E as nenas e nenos de 2º de Ep traballamos a partir do conto de "Artur e Clementina"  a necesidade de decisión persoal do que queremos facer, ser ou desexar. Tamén que o material non nos enche, que hai outras necesidades vitais.
Falamos da importancia das profesións e de que todas as poden facer os homes e as mulleres. Non hai ningunha especifica.
 E seguiremos traballando sobre o conto porque agora queremos facer diferentes finais para el, o que máis nos gustaría a cada un de nós.
E para conmemorar o día decidimos agasallar ás mulleres importantes da nosa vida con estas fermosas flores e broches con papel de serpentina e retallos de cartolinas.


2º ep 2

Xa vedes, que cousas ten a vida que todos e todas concordamos en que as mulleres máis importantes das nosas vidas son....AS NOSAS MAMÁS!!!!

Un biquiño para todas elas e para todas as mulleres....son todas importantes!!