2 de junio de 2015

Viaxes á natureza.

E seguimos de viaxes e aventuras. En Galén os meses de maio e xuño están cheíños de actividades que anuncian a inminente chegada do bo tempo!!

Os nenos e nenas de 1ºEP e 3ºEI imos de viaxe ao Albergue Rural  Garabullos, en Cospeito. Estamos moi ilusionadas pois para moitos de nós será a primeira vez que marchemos tres días fóra da casa. Agárdannos moitas sorpresas, emocións e aventuras na natureza.

As nenas e nenos de 2º e 3º de EP imos de excursión a Granxa escola  Fervenza do Toxa, 
Ímolo pasar moi ben!!! Aquí vos deixamos as listiña de cousiñas para preparar a maleta.



NON PODO ESQUECER!!
•Roupa para tres días
•1 bolsa para a roupa sucia
•Pixama
•Albornoz ou toalla
•Chanclas
•Neceser e crema solar
•Calzado impermeable e cómodo
•Gorra
•Roupa de abrigo
•Saco de durmir
  • unha mochila pequena con:
bañador
toalla
chanclas

Tamén podo levar
•Unha cámara de fotos.
•Libro para ler polas noites.
• Un boneco
•Unha lanterna


Marchamos o mércores e regresaremos o venres. Entre tanto podedes visitar o blog onde teredes novas da nosa viaxe.

Esta noite estaremos de seguro algo nerviosos pola emoción!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!