5 de junio de 2015

Reta final en Garabullos

Olaaa!!!

A noite foi tranquila, estabamos agotadas e despois da festa nocturna o que nos pedía o corpo era descansar.

Hoxe amencimos con ilusión de novo e sentementos encontrados pois por unha parte danos mágoa despedirnos deste lugar tan máxico, das monitoras e monitores e dos momentos compartidos cos nosos compañeiros e compañeiras. Ao tempo estamos con ganas de reencontrarnos coas nosas familias e ir ás nosas casiñas a decansar, tanta festa e actividade vai acabando coas nosas enerxías.

Garabullos 3º
 Hoxe despois dun almorzo reparador estivemos disfrutando dos animais, das tarefas do campo e saímos ver as cegoñas que aniñan polos arredores. Despois xantaremos e será tempo de recollida e algúns xogos de despedida.
Garabullos 3º2
 Foron tres días moi intensos, cheos de emoción e natureza. Xa en nadiña volo contaremos de primeira man.

Chegaremos a Galén sobre a 16:45hrs. Agardádenos!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!