2 de junio de 2015

Viaxe ao fondo do Mar, EI

Como xa sabedes os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Infantil estivemos de viaxe polos fondos mariños. Foron dous días e unha noite moi intensos e pasámolo xenial.
Aínda que xa vos fomos contando día a día, hoxe queremos compartir máis polo miúdo a nosa aventura. 

O Xoves pola mañá chegamos ao cole cargados, non só de ilusión, senón tamén cargados coas nosas cousiñas nas maletas para o grande día de praia e a aventura de durmir en tendas de campaña.
Unha vez instaladas as pertenzas despedímonos das nosas familias cunha mestura de sentimentos e emocións extrana, subimos ao autobús e...rumbo ao Arrecife de Coral da Praia de Cabanas.
Na viaxe iamos impacientes preguntando cada pouco cando chegabamos, se quedaba pouco....e ata polo camiño pareceunos ver varias veces o mar.

Chegamos alá e xa locía o sol que empezaba a quentar a area e os nosos corpos....pero tiñamos que coller ben forzas e almorzamos no pinar unhas galletiñas coa mirada posta constantemente na area e sobre todo.....NA AUGA!!
Sen moita demora colocamos as nosas toallas e xa cos traxes de baño e a cremiño do sol....A XOGAR COA AREA!!! 
xogo area

Despois tamén tocou xogar coa auga e a verdade é que prestaba moito moito refrescarse nela.
auga

O tempo pasounos voando e ata parecía que nos costaba ter que volver, pero unha chea de sorpresas nos agardaban no cole. Así que de volta, e para gozar aínda máis da tarde-noite, fixemos unha boa sestiña!!
bus

Cando desembarcamos estaban a esperarnos unhas personaxes do máis singulares. Uns buceadores!!! 
Eles eran Ribadeo e Ferrol, que andaban na procura dun mapa seica dun  tesouro nun barco afundido.
Eran moi graciosos e pasamos con eles un anaco ben ben divertido mentres merendabamos.
buceadores 2 buceadores 1


Despois de xogar un ratiño fomos ás duchas e puxemos, xa ben limpiñas e limpiños, os pixamas para ir cear. Que rico nos soubo todo!!

Non podiamos rematar o día sen algo tan tan especial e propio de aventuras coma esta.... música, baile e LUME DE CAMPAMENTO!! .
Mais Pedro Chosco xa andaba por aqui facendo pesar moito as nosas pálpebras, así que chegou o momento de deitarse a durmir nas Tendas de campaña.
lume
Para moitos de nós era a primeira vez e para outros...a segunda jeje!!
Durmimos moi ben e tooooda a noite.

O Venres estivo tamén cheo de sorpresas.
Despois dun almorzo completo, do aseo e recollida de maletas, puxémonos mans á obra cos obradoiros mariños....si, si porque fixemos un bolsiño para gardar tesouros dos fondos mariños, un peixe globo e ata un pequeno océano para levar a casa. Ademais enfeitámonos cos colares que a semana pasada fixemos na aula.....agora si podiamos ir na busca do Tesouro Mariño do que nos falaron os buceadores!!!

obradoiros
E alá fomos, en busca de .....non sabiamos moi ben que???? ata que apareceu, no medio do bosque, unha rapaza durmida. ZZZZZZ
 Cando chegamos espertámola e díxonos que era a Deusa do Mar e que precisaba da nosa axuda pois non podía evitar quedar durmida por todas partes e esquecera onde deixara un mapa dun tesouro que atopou nun barco afundido.  O NOSO MAPA!!!
Deusa do MAr 1

Deusa do Mar 2
Como xa imaxinades axudámola a non quedar durmida cada pouco e ademais atopamos o mapa que finalmente nos levou a atopar O TESOURO!!!

Xa vedes que ben o pasamos. Foi unha experiencia inesquecible.
Agora queremos saber como vivistes vós, familias, a experiencia de quedar sen nós na casa estes días. Contádenos no apartado de comentarios veña!!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!