23 de junio de 2015

Saída a Garabullos 2015


Ola a todos e todas!!! Traemos moitas novidades que contarvos, xa que fomos de excursión tres días a Garabullos, unha granxa escola que está moi preto do cole, en Cospeito.

Ao longo de todo o curso tivemos moitas saídas e visitas, pero esta foi mooooi diferente porque durmimos fóra da casa sen papá e mamá, porque estivemos en contacto coa natureza e os animais, nun entorno rural que, en xeral, é diferente ao que nos rodea habitualmente e porque, en definitiva, tivemos que ser moi moi maiores para lembrarnos e responsabilizarnos en todo momento das nosas cousas, tarefas e rutinas.
 E sabedes que?... Obxectivos cumpridos!!! Fixémolo xenial, aprendemos un montón de cousas, aumentamos a nosa autonomía, adaptámonos ás normas e rutinas do novo contorno, fixémonos responsables dos animais da granxa e todo isto pasándoo xenial...
Pero será mellor que vos ensinemos o ben que o fixemos, así que aquí vos deixamos as fotos!

O mércores saímos do cole, algúns un chisco tristes e nerviosas e nerviosos por despedirnos das nosas familias, pero pouco a pouco esa peniña foi substituída polo entusiasmo e a ilusión coa que partimos en busca de aventuras!!!

Garabullos 1 Bus ida
 

Garabullos 2 Bus ida

Chegamos a Garabullos e Lume contounos s unha fascinante historia:
 Lume é un dragón enfeitizado convertido en persoa pola Meiga, que cando se enterou de que Lume e máis o seu irmán Fume axudaran a Pit nas tarefas da granxa usando a maxia, enfadouse moito descubriuno ao probar un pan cocido con lume de dragón e non no forno).  Así que  converteu a Lume en persoa e a Fume noutro animal. A cousa é que  Lume  non sabe en que animal porque agora non ten a capacidade de falar con outras especies, pero escoitou dicir que os nenos e nenas sí teñen esa capacidade e pídelles axuda para comunicarse co seu irmán e volverse a ver.
Deunos peniña que Lume e Fume estivesen separados, así que propuxémonos atopalo! Ao rematar a historia de Lume coñecimos ás monitoras que nos acompañarían estes tres días e ás rapazas da casa: Patri e Yoli, que nos fixeron unhas comidas riquísimas. E todas conseguiron  que esta experiencia fose divertida e que nos sentísemos coma na casa.

Garabullos 3 Chegada
 

Visitamos as instalacións nas que atopamos cabras, ocas, burro, eguas, coellos, galiñas... e preciosos cans: Moza, Breda, Cheiro... cos que fixemos moi boas migas e pasamos os tres días dándolles  moitos mimos. Ao longo destes tres días estivemos moi pendentes do coidado de todos os animais, mirade que fermosos están logo dos nosos mimos...

Garabullos 8 Animais
 

Garabullos 9 Animais

Tamén tivemos xogos cooperativos e xogos de auga, nos que ademais de mellorar a nosa psicomotricidade e a nosa confianza e autoestima, tamén o pasamos xenial compartindo, escoitando e colaborando!

Garabullos 10 Xogos1
 

Garabullos 11 xogos cooperativos

Garabullos 12 Xogos de auga

Garabullos 13 - Xogos coop.

Para facernos cargo das novas tarefas e responsabilidades precisamos coller forzas dende primeira hora da mañá e ao longo do día cos ricos almorzos, comidas e ceas ....mmmmm

Garabullos 4
 

Garabullos 5 Almorzo

Garabullos 6 A media mañá

Garabullos 7 Comida

Garabullos 7

Houbo tempo para gozar da natureza tirados en mantas mentres Mila nos contaba contos aproveitando o silencio e calma do contorno así como o bo tempo que nos acompañou... 

Garabullos 17 Conto

Tivemos tempo tamén para facer uns ratos moi xeitosiños para xogar logo con eles mirade, mirade!

Garabullos 20 Obradoiro

Entre tanto axetreo e actividades precisamos descansar e durmir para logo espertar con renovadas enerxías e moi moi guapos e guapas até sen peitear!!!

Garabullos 15 Espertar
 

Garabullos 16 Espertar

E menos mal que fomos recuperando forzas porque non paramos! Fomos ao bosque en busca de aventuras e atopámolas.
Se  lembrades tiñamos unha misión: atopar a Fume e..... alá fomos! Polo bosque  tamén fomos atopando sinais de Pit, o trasno que nos gastou bromas mentres estivemos de visita, así, no bosque atopamos o pixama de Aldán, as zapatillas de Alexandra, o móbil de Cris... e outros tesouros que nos demostraron que Pit é un bromista!

Garabullos 14 Pit
Como nos encantou o bosque voltamos outro día, esta vez para avistar un niño de cegoñas...

Garabullos 21 Cegoñas
 

Garabullos 22 Cegoñas

Garabullos 23 Cegoñas

E como non, tamén tivemos tempo para mellorar as nosas aptitudes culinarias e cociñar un exquisito biscoito para celebrar o aniversario de Cayetana, que cumpliu con nós os 6 anos!!! Mirade que ben o pasamos cociñando e probando (por suposto!!!).

Garabullos 18 Cocinamos
 

Garabullos 19 Cocinamos

O xoves á noite celebramos a festa de despedida e o cumple de Caye, degustando a exquisita tarta que fixeramos .... mmmm aquí vos deixamos fotos da celebración (sentimos a calidade das imaxes pero bailamos e xogamos taaaaanto que as fotos tamén saen movidas!)

Garabullos 24 Cea cumple
 

Garabullos 25 Festa

Voltamos o venres, esgotados e un pouquiño tristes pola despedida pero tamén contentos e contentas porque voltamos á casa e desexosos de vervos aos papás e mamás, darvos uns mimos e contarvos todo o que vivimos e o ben que o pasamos.
Estes tres días foron unha experiencia que nos aportou moitísimo e nos axudou a medrar un pouquiño máis. Mirade que cariñas traiamos no bus de volta... 

Garabullos 26 Bus volta
 

Garabullos 27 Bus volta

Agardamos que gozarades vendo o ben que o pasamos e o moito que aprendimos, gozamos e medramos na nosa saída! 
Biquiños mil a todos e todas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!