23 de marzo de 2014

Unha aventura no castelo!!

O pasado mércores tivemos unha saída moi especial. Fomos a un Castelo... " A Fortaleza de San Paio de Narla". Os nenos e nenas estivemos moi sorprendidos e atentos a todo o que alí había e ao que nos contaba Paquita, a ama de chaves deste máxico lugar. Ademais tiñanmos moitas sorpresas preparadas. Xa veredes!!!! 
 Primeiro unha pequena bruxiña presentounos o Castelo nunha pantalla moi grande e contounos moitas cousas .que alí aconteceran. Conchita explicounos quen vivía no castelo: o rei, a raíña e os criados e criadas e tamén nos contou a que se adicaban cada unha das persoas que aquñi vivían hai xa un cento de anos.


Chegada San Paio
 

E comezamos a visita... Había moitas cousas antigas e vimos como vivían e o que utilizaban na terra: zocas, un abrigo feito con herba seca, os cestiños para apañar millo, un carro que tiraban os bois, os fusos para facer fío... unha chea de cousiñas que se  utilizaban hai xa moitos, moitos anos!!!
 

Castelo 1
 

Castelo 2


 Seguimos a nosa visita, e para a nosa sorpresa atopamos á Princesa do castelo dentro dunha das carrozas que utilizaban para ir de viaxe. Estaba vestida cun fermosísimo vestido e estivo falando un ratiño con nós. 
Menuda sorpresa!!!


A princesa de San Paio
 

Cando chegamos á cociña había unha gran mesa cos ingredientes preparados para facer rosquillas... E  alí estivemos,  preparándoas para metelas no forno e despois almorzalas. Xa eramos grandes expertos rosquilleiros e rosquilleiras e as fixemos nun periquete. E o que máis nos emocionou deste momento foi preparar o lume!!! si, si, cada un de nós meteu un pauciño na lareira para acender o lume.

San Paio Rosquillas 3
 


San Paio Rosquillas 2


San Paio Rosquillas 1


San Paio Rosquillas 1

 Cando rematamos Paquita deixou encargada a unha bruxa moi divertida que vivía no Castelo para que nos mirase o forno e as rosquillas mentres nós seguíamos buscando os seguintes personaxes. Non tardamos moito en atopar a unha Fada con unha variña máxica que estaba a fiar cunha roca (igualiña que a do conto da Bela Durminte!) . E máis tarde atopamos a un cabaleiro cunha gran armadura. Mirade .... estivemos con eles a facerlles unha morea de preguntas un cachiño....


Personaxes San Paio
   

 E seguimos subindo e subindo polas que parecían interminables escaleitas da torre, e por fin chegamos á parte máis alta da Fortaleza de San Paio de Narla. Tiña unhas vistas marabillosas e podíamos ver ata moi lonxe, pero nós estivemos no medio nun gran corro....


Torre San Paio
 

E para rematar a nosa visita, cando baixamos estaba na cociña a bruxa cunhas fontes cheiñas de rosquillas para que almorzaramos. Despois de tantas emocións tiñamos moita, moita fame....

Almorzo
 


E así, deste xeito rematou a nosa visita á Fortaleza de San Paio de Narla. A verdade é que nos soubo a pouco e viñemos todos e todas moi contentos e emocionados.Seguro que na casa vos contamos xa a ventura...se non é así, mirade esta entrada con nós e xa veredes como temos moito que contar!!

 Bicos Mil

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!