6 de marzo de 2014

Obradoiros de Entroido 2014

Xa remataron as festazas de Entroido, e queremos amosarvos o intensas que foron as últimas semanas en Infantil e no primeiro ciclo de Primaria.

Ademais de facer os nosos disfraces para a festa, estivemos moi moi atarefados con cousiñas propias destas datas:: fixemos caretas, cociñamos, ensaiamos os bailes, maquillámonos e o pasamos superben.

O luns á tarde  obradoiro de caretas: en 1º de primaria escollemos diferentes animais e os nenos e nenas de infantil inspirámonos no nome da nosa clase para facer con diferentes materiais as nosas máscaras: bolboretas, arañas e águias e quedaron moi moi chulas non si??

caretas 1
caretas 2
caretas 3º
caretas  3º
caretas ep
O obradoiro do martes foi moi moi especial xa que contamos, como xa vimos facendo hai anos, coa colaboración dos papás e mamás para maquillarnos e peitearnos. 
Grazas unha vez máis famillias, porque este tipo de actividades compartidas enriquecen moito as nosas aulas e fannos sentir a todos e todas parte do mesmo equipo. Animádevos a contarnos na parte de comentarios as vosas sensacións e vivencia. Veñaaaaa!!!
maquillaxe mamás 4
maquillaxe mamás 3
maquillaxe mamás 2
maquillaxe mamás 1
caras maquillaxe1
caras 3
caras 2
E  mércores... rechupeteamos os dedos facendo filloas e rosquillas e quedaron moi moi ricas!!

rosquillas 3
rosquillas 2
rosquillas 1
filloas 1
filloas 2
roscas 2º
Así de ben o pasamos!! Nuns días amosarémosvos o resultado final dos disfraces, a coreografía e a grande festa do venres. Seguídenos con atención!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!