18 de marzo de 2014

Día Internacional da muller

O 8 de Marzo foi o día Internacional da Muller, e como todos os anos os nenos e nenas de infantil, 1º e 2º de primaria iniciamos un pequeno proxecto.
Nas asembleas das diferentes aulas conversamos ao redor do tema das diferencias físicas entre homes e mulleres, a igualdade de dereitos e oportunidades, a liberdade para decidir ser como cada un queremos ser independentemente do noso sexo, a corresponsabilidade nas tarefas cotiás, os xogos etc....

Limos tamén algúns contos sobre estes temas: "Las aventuras de Cecilia y el Dragón", "Los colores de lulila", "Vanesa non quere ser princesa", "Olivia no quiere ser princesa" e "Artur e Clementina" que nos serviron tamén para reflexionar.

En todas as asembleas falamos de cales eran, para cada un de nós, as mulleres máis importantes, e acordamos por grande maioría que eran as nosas mamás e avoas. E fixemos estes traballiños que vedes aquí ao redor destas figuras tan importantes nas nosas vidas.

Os nenos e nenas da clase das Bolboretas debuxamos ás nosas mamás e elaboramos estas flores tan lindas con pedaciños de papel reutilizado de mostrarios de teas.
muller 1º ei-3
muller 1º ei-2
muller1º ei


Na clase das arañas representamos ás nosas mamás en volume, con plastilina.

muller 2ºei-4
muller 2ºei-3
muller 2º ei-2
muller 2º ei-1
Os máis grandes de infantil centrámonos no reparto de tarefas na casa e debuxamos o que cada un de nós fai habitualmente nos nosos fogares.
muller 3ºei-1
muller 3ºei-2
muller 3ºei-3
muller 3ºei-4
muller 3ºei-5
muller 3ºei-6
En Primaria os nenos e nenas de 1º escollemos á muller máis importante das nosas vidas. Para algúns foi moi difícil escoller a unha soa e incluímos tamén ás avoas. E mirade que ben escribimos xa!!! Fixemos unha descrición de como son esas mulleres improtantes, por que e que destacamos cada un de nós delas.

muller 1º ep-1
muller 1ºep-2
muller 1ºep-3

 En 2º de primaria traballamos o conto de "Artur e Clementina" no que tratamos o tema da identidade, de coñecernos, de respectar as nosas preferencias e gustos. Vimos o infeliz que era Clementina ao verse obrigada a prescindir de todos os seus soños e ter que calar por medo a non dicir o apropiado. Tamén chegamos á conclusión de que todas e todos somos importantes e que ninguén debe anularnos como persoas.
Rematamos as actividades redactando como nos gustaría que rematase o conto. En todos os casos Clemetina facía dos seus desexos unha realidade. 
muller 2ºep-1
muller 2ºep-2
Que vos parece mulleres que nos ledes???

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!