20 de febrero de 2011

Novas participacións de familias na aula

Estes días visitaron a aula o papá e a mamá de Miguel que nos ensinaron a facer plastilina que se pode comer. É broma!! O que pasa é que se fai con ingredientes comestibles.
1/2 taza de fariña
1/2 taza de auga fervendo
1/4 de taza de sal
1/2 cullerada de aceite
12 gotas de colorante alimentario
Mestúrase todo e amasase ben.
Despois fanse as figuras que cada cal queira. Isabel e Miguel trouxéronnos modelos moi interesantes e cada un de nós fixo o que máis lle gustou.
Deunos moitísimo gusto amasar unha masa tan quente e tan amorosa.
Tedes o resultado do noso traballo no corredor do colexio.
miguel 1
miguel 3

O papá de Bruno sabe moitísimo do universo.
Ensinounos fotos dos planetas, de galaxias, de naves espaciais, transbordadores e satélites artificiais.
Incribles!!!!
Tamén fíxonos ver a relación de tamaño entre os distinos planetas e estrelas. Resulta que xa non é Antares a estrela máis grande coñecida. Cada día descóbrense novas estrelas.
Gustounos moito o que nos dixo de que o planeta está vivo e que as estrelas nacen e morren e que hai estrelas ananas e xigantes.
Para rematar ensinounos a canción dos Planetas de Enrique e Ana. Cantámola e divertímonos moito.
bruno 2
bruno 1

Grazas a todas as familias que comparten con nós as súas aficións e o seu tempo.

1 comentario:

  1. Somos os pais de Miguel de 3EI gustounos moito participar nunha actividade cos nenos recomendamosllo a todos os pais, xa que tanto a profe como os nenos son encantadores, tamén darvos as gracias por este blog o que nos informa das moitas actividades a facer cos nenos e máis das que facedes no cole biks

    ResponderEliminar

A vosa participación tamén é importante....contade!!